Ría de Muros e Noia
A ría de Muros e Noia forma parte das Rías Baixas, sendo a que está situada máis ó norte, entre as rías de Corcubión e Arousa. A ría foise formando na desembocadura do río Tambre.
Tipo | Estuario | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Océano Atlántico | |||
Localización | ||||
División administrativa | Provincia da Coruña, España | |||
| ||||
As augas do Tambre son as que orixinan na súa confluencia co mar, un hábitat no que se desenvolverán os bivalvos, que serán o motor económico das vilas que a circundan. As ameixas e os berberechos acadan boas proporcións nos tempos da colleita, a partir do mes de setembro, nos lombos de Testal e o Freixo, grazas a esa simbiose entre as augas doces do río e a salinidade que achega o océano Atlántico.
A ría comeza a partir da punta do Castro de Baroña en Porto do Son, pola súa beira sur, e remata coa punta Carreiro en Louro (Muros), pola súa parte norte.
Entre as vilas a destacar están as que dan nome á ría: Muros, fundada detrás do monte Louro como unha vila mariñeira agochada da vista de piratas e de corsarios alá polo século XVI e XVII e Noia, vila medieval. Tamén Porto do Son, que vive fundamentalmente do turismo e do mar e Portosín, outra vila de interese pertencente ao mesmo concello.
Marca turística ría da Estrela
editarOs concellos con saída á ría, Outes, Noia, Muros, Porto do Son, xunto con Lousame, constituíron en 2015 a Asociación de Desenvolvemento Rural Ría Muros-Noia, un organismo intermunicipal que xunta esforzos para a promoción e posta en valor dos recursos da ría e dos concellos que a conforman.[1] Estes concellos crearon unha marca turística, A Ría da Estrela, co logotipo dunha estrela de mar que representa os cinco concellos que se inclúen no proxecto e evoca aspectos do Camiño como a relación coa vía láctea.[1][2]
A raíz desta nova marca turística naceu o xornal dixital Xornal da Estrela.[3]
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes da ría de Muros e Noia.
-
Noia.
-
Ría de Muros.
-
Panorámica da ría desde a praia de Aguieira.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Nace a marca turística A Ría da Estrela para promover os recursos da ría Muros-Noia | Cluster Turismo de Galicia". Consultado o 2019-02-12.
- ↑ "Web da Ría da Estrela". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2019. Consultado o 12 de febreiro de 2019.
- ↑ "Quen somos". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-12.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ría de Muros e Noia |