Lousame
Coordenadas: 42°45′32″N 8°49′46″O / 42.758888888889, -8.8294444444444
Lousame é un concello galego situado no suroeste da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 3.268 habitantes (1.624 homes e 1.644 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é lousamán[8].
Lousame | |
---|---|
![]() Casa do concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | lousamán/lousamá |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca de Noia |
Poboación | 3.210 hab. (2022)[2][3] |
Área | 93,6 km²[3] |
Densidade | 34,29 hab./km² |
Entidades de poboación | 7 parroquias[4] |
Capital do concello | Portobravo |
Política (2019[5]) | |
Alcaldesa | Teresa Villaverde Pais (PPdeG[6]) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 4 |
Eleccións municipais en Lousame | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 84,91% |
Na rede | |
www.concellodelousame.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] |
É un concello principalmente agrario. Está dividido en 7 parroquias e a el pertencen 75 núcleos de poboación.
Etimoloxía Editar
O nome de Lousame consérvase dende a época romana. Provén da palabra latina lausia, que corresponde ás lousas que tanto abundan no concello.
Xeografía Editar
O concello ten unha superficie de 93 km², e abrangue 7 parroquias. Limita ao norte co concello de Brión, ao sur con Boiro e Rianxo, ao leste con Rois e Dodro e ao oeste con Porto do Son. É un territorio cun relevo abrupto, con fortes contrastes entre o fondo dos vales (20 msnm) e cumios de altitude media (monte Iroite, de 685 m, e a Muralla, de 674 m).
Historia Editar
Nos terreos ocupados polo concello consérvanse restos prehistóricos (mámoas), da Idade de Bronce (petróglifo de Lesende) e da época castrexa. De feito, no propio escudo do concello aparecen reflectidos sete castros (Coto do Castro, Castro de Comparada, Castro de Servia, Castelo de Fruíme, Castelo de San Lourenzo, Castro de Berrimes e Castro do Lourido).
Da época da romanización consérvase o topónimo do concello, procedente da palabra celtolatina lausia, que corresponde aos xistos ou lousas que tanto abundan nesa parroquia (montes de Aldeagrande, Seoane e Cruído).
Na Idade Media fundouse o mosteiro de Toxos Outos, na beira dereita do río de San Xusto. No tombo de san Xusto, do século XII, aparece reflectida moita documentación da época medieval. No século XVII o mosteiro foi anexionado ao de Sobrado dos Monxes, converténdose en priorado do mesmo. Xa coa desamortización de Mendizábal desintegrouse por completo, converténdose na igrexa parroquial de San Xusto de Toxos Outos e perdendo a autonomía xurisdicional que tivera na Idade Media.
Entre 1730 e 1777 viviu na aldea de Fruíme Diego Antonio Cernadas de Castro, escritor e defensor de Galicia, que exerceu o cargo de cura nesta aldea, aínda que neste época a parroquia de Fruíme non era de Lousame.
O concello de Lousame conformouse como tal en 1836, cando tiña 3.514 habitantes. Foi anexionada a parroquia de San Martiño de Fruíme (que pertencía ao concello de Boiro) e a de San Xoán de Camboño (Porto do Son). Amais, a parroquia de Santa María de Roo, que pertencía á xurisdición de San Xusto, pasou ao concello de Noia.
Durante a segunda metade do século XIX chegou a haber 5 fábricas de papel en Lousame na ribeira de varios ríos. A máis importante foi a de Diego Fontán, na ribeira do río Vilacova.
A casa consistorial está na aldea de Portobravo desde a década de 1950, se ben ata entón estivera no lugar de Cruído. Nesa época acadouse o período de máxima poboación (6.555 habitantes) debido ao auxe das explotacións mineiras de Finx.
Poboación Editar
Censo total 2014 | 3.513 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 400 (11.39 %) |
Entre 15 e 64 anos | 2.047 (58.27 %) |
Maiores de 65 anos | 1.066 (30.34 %) |

Evolución da poboación de Lousame Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
5.543 | 5.857 | 6.555 | 5.014 | 3.912 | 3.621 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | ||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Patrimonio Editar
Mosteiro de San Xusto de Toxos Outos Editar
- Artigo principal: Mosteiro de Toxos Outos.
Minas de Finx Editar
- Artigo principal: Minas de San Fins.
Fábrica de papel de Fontán Editar
Chegou a haber cinco fábricas de papel á beira dos ríos Vilacoba e San Xusto, sendo a máis importante a fundada en 1863 polo matemático e xeógrafo Domingo Fontán. Estaba situada na ribeira esquerda do Vilacoba, á altura do lugar do Castro. O edificio, de planta rectangular, tiña cuberta a dúas augas e gran cantidade de fiestras dispostas de xeito rítmico. Esta arquitectura era funcional, pois as fiestras servían para ventilar o interior para o secado do papel. Había dous niveis de catorce fiestras, tendo o corpo máis baixo catro aberturas máis grandes. A auga chegaba a través dunha canle de pedra de lonxitude considerable e con moita capacidade, que recollía a auga río arriba.
Galería de imaxes Editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Lousame.
-
Igrexa de San Xusto
-
Antiga casa parroquial de San Xusto. Hoxe albergue.
-
Fervenza en Toxos Outos
-
Moas dos muíños en Toxos Outos
-
Restos do antigo mosteiro en Toxos Outos
Parroquias Editar
Lugares de Lousame Editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Lousame vexa: Lugares de Lousame.
Notas Editar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Lousame".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Resultados eleccións 2019
- ↑ Concello de Lousame na FEGAMP
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 50. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lousame |
Bibliografía Editar
González Pérez, Clodio (2014): Concello de Lousame. Patrimonio arqueolóxico, histórico, artístico e arquitectónico, Ed. Toxosoutos - Concello de Lousame, ISBN 978-84-943014-4-5