Lousame, Lousame
San Xoán de Lousame é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 1.023 habitantes (508 homes e 515 mulleres) distribuídos en 21 entidades de poboación.
Lousame | |
---|---|
Igrexa de San Xoán de Lousame. | |
Concello | Lousame[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°45′55″N 8°50′55″O / 42.7652, -8.8485 |
Poboación | 1.023 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 21[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarLimita ao norte con Lesende (separados polo río Vilacova), ao noroeste con Noia, ao sur con Boiro, ao sueste con Fruíme, ao oeste con Tállara, e ao leste con Vilacova.
Ten un relevo variado, con altitudes máximas de entre 300 e 350 m nas beiras do monte comunal de Aldeagrande e no de Seoane. Ocupa boa parte do val do río Pesqueira, formado polo rego do Espiño ou da Mina (que nace en Froxán) e o de Chave.
Na aldea de Portobravo está a casa consistorial, o centro médico e a casa da cultura. Na Silva está o CPI Diego Antonio Cernadas de Castro, o polideportivo Pilar Barreiro Senra e a piscina municipal. A igrexa municipal está en Seoane.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Lousame, Lousame.
-
Antiga papeleira papeleira de Brandia.
-
Estrugas en Chave
-
Hórreo.
-
Muíños no merendeiro de Brandía, en Portobravo.
Lugares e parroquias
editarLugares de Lousame
editarLugares da parroquia de Lousame no concello de Lousame (A Coruña) | |
---|---|
Aldea Grande de Lousame | Berrimes | As Bouciñas | Brandia | O Castro | Cerquides | Ces | Chave | A Costa | Croído | Filgueira | Gandarela | Maxide | O Outeiro | Pastoriza | Portobravo | As Quintáns | Riatelo | Seixido | Seoane | A Silva |