Toxos Outos, Lousame
San Xusto de Toxos Outos é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 162 habitantes (79 homes e 83 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación.
Toxos Outos | |
---|---|
Fervenza San Xusto de Toxos Outos. | |
Concello | Lousame[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°48′42″N 8°49′11″O / 42.81166667, -8.81972222 |
Poboación | 162 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarEstá situada ao norte do concello. Limita ao norte con Brión, ao sur con Lesende e Vilacova, ao oeste con Noia e ao leste con Rois. As zonas máis baixas da parroquia están a uns 200 m, e os cumios máis altos son o monte Costoira e Pena de Ferro (532 m). A parroquia sitúase no val do río San Xusto, que nace a 430 m de altitude, máis arriba de Fontefría, preto de Sabugueiro e Bargo.
Destaca o monte baixo e o cultivo de prados, favorecido pola importancia da gandería. Está atravesada pola estrada AC-543 que une Noia e Santiago de Compostela.
Patrimonio
editarNesta parroquia atópanse os restos do mosteiro de Toxos Outos, de grande importancia na idade media. A carón del, está a igrexa parroquial.
Galería de imaxes
editar-
Muíño abandonado.
-
Fervenza San Xusto de Toxos Outos.
-
Igrexa de San Xusto de Toxosoutos.
Lugares e parroquias
editarLugares de Toxos Outos
editarLugares da parroquia de Toxos Outos no concello de Lousame (A Coruña) | |
---|---|
Bargo | Cedofeito | Fontefría | O Madeiro | O Sabugueiro | San Xusto |