Teresa Villaverde Pais
María Teresa Villaverde Pais, nada en Noia en 1960,[1] é unha política galega do PPdeG e alcaldesa de Lousame dende o 20 de setembro de 2012.
Teresa Villaverde Pais | |
---|---|
Nacemento | 1960 |
Lugar de nacemento | Noia |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | mestra e política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
É licenciada en Filoloxía Hispánica e diplomada en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela. En 2003 foi elixida concelleira de Cultura e Educación no concello de Lousame no goberno de Santiago Freire, en 2007 pasou a ocupar a concellaría de Servizos Sociais e Cultura, e en 2011 foi concelleira de Cultura, Muller e Xuventude, ata que foi elixida alcaldesa. Ademais, en 2009 foi nomeada xefa de Educación na Coruña, e en outubro de 2011 deputada no Parlamento de Galicia tras a dimisión de Pablo Cobián. En setembro de 2012, tras a dimisión de Santiago Freire como alcalde de Lousame, foi elixida alcaldesa na súa substitución. Nas eleccións de 2015, 2019 e 2023 foi reelixida alcaldesa con maioría absoluta.
Predecesor: Santiago Freire |
Alcaldesa de Lousame 2012 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas Editar
- ↑ La Voz de Galicia, Barbanza, 16-6-2019, p.l7.
Véxase tamén Editar
Outros artigos Editar
Ligazóns externas Editar
- "Teresa Villaverde sustituirá a Pablo Cobián y Manuel Parga a Fernando Blanco",artigo en La Voz de Galicia, 5 de outubro de 2011 (en castelán).
- "Teresa Villaverde ya es alcaldesa de Lousame"[Ligazón morta], reportaxe en 27tv (en castelán).