En Bioloxía e Ecoloxía, enténdese por simbiose[1][2] unha relación interespecífica entre dous organismos (simbiontes) que se benefician mutuamente nunha relación obrigada. Se un dos simbiontes perece, o outro tamén perecerá ao perder o recurso de que se ve beneficiado.

O lique é un exemplo de asociación simbiótica : unha alga unicelular ou unha cianobacteria, e un fungo

Un exemplo de simbiose é a que se produce entre a anemone de mar e o caranguexo ermitán. O caranguexo sérvelle de transporte á anemone, e esta protéxeo cos seus tentáculos velenosos.

Tipos de simbiose editar

Ectosimbiose editar

Na ectosimbiose, o simbionte vive na parte exterior do organismo anfitrión, ou mesmo no interior, na superficie do percorrido dixestivo ou o conduto das glándulas exócrinas.

Endosimbiose editar

Na endosimbiose, o simbionte vive no espazo intracelular do anfitrión.

Simbiose e Evolución editar

A bióloga Lynn Margulis, famosa polo seu traballo sobre endosimbiose, afirma que a simbiose é o principal resultado forzado pola Evolución. Considera que as ideas de Darwin sobre a Evolución, baseadas na competencia, están incompletas, e reivindica que a Evolución está fortemente baseada na cooperación, interacción e dependencia mutua entre organismos. Segundo escribiu en Margulis, L., and Sagan, D., "A vida non se fixo co planeta por combater, senón por traballar unidos".

Notas editar

  1. González González, Manuel. Dicionario da Real Academia Galega. Real Academia Galega. 
  2. "simbiose". TERGAL. Consultado o 05/07/2022. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar