Cangrexo ermitán

especie de crustáceo
Cangrexo ermitán
Pagurus bernhardus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Suborde: Pleocyemata
Infraorde: Anomura
Superfamilia: Paguroidea
Familia: Paguridae
Xénero: Pagurus
Especie: P. bernhardus
Nome binomial
Pagurus bernhardus
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia [1]
Véxase o texto

O cangrexo ermitán propiamente dito,[2][3] tamén denominado simplemente ermitán [4] e carlou,[4] Pagurus bernhardus, é unha especie de crustáceo decápodo da infraorde dos anomuros, superfamilia dos paguroideos, a máis común das da familia dos pagúridos nas costas europeas do océano Atlántico.

Taxonomía

editar

A especie foi descrita en 1758 por Lineo na décima edición da súa obra Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis ("Sistema da natureza, nos tres reinos da natureza, segundo clases, ordes, xéneros e especies, con características, diferenzas, sinónimos, lugares"),[5] baixo o nome de Cancer bernhardus.[5]

Ao longo do tempo o ermitán coñeceuse polos sinónimos seguintes:[5]

  • Bernhardus typicus Dana, 1851
  • Cancer bernhardus Linnaeus, 1758 (basónimo)
  • Eupagurus bernhardus (Linnaeus, 1767)
  • Pagurus streblonyx Leach, 1815
  • Pagurus ulidianus Bell, 1845

Hábitat e distribución

editar

Pagurus bernhardus encóntrase en zonas rochosas e areosas das costas do Atlántico nororiental,[6] desde o Ártico (Svalbard, Islandia e norte de Rusia) até, polo sur, ás meridionais de Portugal,[7] internándose así mesmo polas do mar Mediterráneo.[8] Tamén se encontra nas illas Azores.[9]

Pode verse en pozas na zona intermareal, na baixamar, e en augas de até unha profundidade de aproximadamente 140 m. Os exemplares máis pequenos son os que adoitan verse nas pozas, mentres que os máis grandes habitan en zonas profundas.

Características e bioloxía

editar

Trátase dun pequeno cangrexo duns 3,5 cm de lonxitude,[10] que, debido á desprotección do seu abdome non calcificado (como en todos os paguroideos), utiliza como protección ou casa ambulante cunchas baleiras de gran número de moluscos gasterópodos, como as de Littorina littorea, Littorina obtusata, Nassarius reticulatus, Gibbula umbilicalis, Nucela lapillus e de varias especies de cornos do xénero Buccinum.[11][12]

Nas zonas de augas máis quentes da súa área de distribución, a anemone de mar Calliactis parasitica adoita encontrarse adherida á cuncha ocupada por Pagurus bernhardus. Nas augas máis frías, este papel desempéñao Hormathia digitata.[12]

Os cangrexos ermitáns loitan entre si para conseguir boas cunchas nas que albergarse, e teñen preferencia polas de certas especies.[12]

Alimentación

editar

O ermitán é un omnívoro que se alimenta sobre todo de cadáveres (detrirívoro),[13][14] aproveitando as oportunidades que lle ofrecen as preas que encontra, comendo tamén as algas que están mesturadas con elas,[15] pero tamén pode filtrar alimento do plancto cando é necesario.[16]

  1. Michael Türkay (2011). R. Lemaitre & P. McLaughlin, ed. "Pagurus bernhardus (Linnaeus, 1758)". World Paguroidea & Lomisoidea database. World Register of Marine Species. Consultado o 25 de novembro de 2011. 
  2. cangrexo ermitán Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no dicionario da RAG.
  3. Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000), p. 242.
  4. 4,0 4,1 ermitán2 Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no dicionario da RAG.
  5. 5,0 5,1 5,2 Pagurus bernhardus (Linnaeus, 1758)
  6. Türkay, M. (2001), pp. 284-292.
  7. Hayward, P. J. & Ryland, J. S., eds. (1990):The marine fauna of the British Isles and North-West Europe: 1. Introduction and protozoans to arthropods. Oxford, UK: Clarendon Press. ISBN 0-19-857356-1.
  8. El Lakhrach, H. & Hattour, A. (2010): "Répartition des Crustacés Décapodes dans le Golfe de Gabès". Rapp. Comm. int. Mer Médit., 39.
  9. Borges, P. A. V.; Costa, A.; Cunha, R.; Gabriel, R.; Gonçalves, V.; Martins, A. F.; Melo, I.; Parente, M.; Raposeiro, P.; Rodrigues, P.; Santos, R. S.; Silva, L.; Vieira, P. & Vieira, V. eds. (2010): Listagem dos organismos terrestres e marinhos dos Açores 1ª edição. Oeiras: Princípia Editora, Lda. ISBN 978-989-8131-75-1.
  10. E. Wilson (2007). "Hermit crab – Pagurus bernhardus". Marine Life Information Network. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2008. Consultado o 25 de agosto de 2014. 
  11. "Common hermit crab (Pagurus bernhardus)". ARKive. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2008. Consultado o 25 de agosto de 2014. 
  12. 12,0 12,1 12,2 Brian A. Hazlett (1967). "Interspecific shell fighting between Pagurus bernhardus and Pagurus cuanensis (Decapoda, Paguridea)". Sarsia 29 (1): 215–220. doi:10.1080/00364827.1967.10411083. 
  13. Ernst S. Reese (1969). "Behavioural adaptations of intertidal hermit crabs". American Zoologist 9 (2): 343–355. doi:10.1093/icb/9.2.343. 
  14. J. H. Orton (1927). "On the mode of feeding of the hermit crab Eupagurus bernhardus and some other decapods". Journal of the Marine Biological Association of the United Kingdom 14 (04): 909–921. doi:10.1017/S0025315400051146. 
  15. M. E. Laidre & R. W. Elwood (2008). "Motivation matters: cheliped extension displays in the hermit crab, Pagurus bernhardus, are honest signals of hunger". Animal Behaviour 75 (6): 2041–2047. doi:10.1016/j.anbehav.2007.11.011. 
  16. S. A. Gerlach, D. K. Ekstrøm and P. B. Eckardt (1976). "Filter feeding in the hermit crab, Pagurus bernhardus". Oecologia 24 (3): 257–264. doi:10.1007/BF00345477. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar