Abrir o menú principal

Lynn Margulis, nada en Chicago (Illinois) o 5 de marzo de 1938 e finada en Amherst (Massachusetts) o 22 de novembro de 2011,[1][2] foi unha recoñecida bióloga estadounidense. Esta muller ademais de numerosos estudos (Licenciada na Universidade de Chicago, Doutora pola Universidade de Wisconsin...) tivo moitos títulos e recoñecementos, como a medalla outorgada polo ex presidente Bill Clinton en 1999 ou a Medalla Nacional da Ciencia. Formou parte da Natural Academy of Science dende 1983 e da Russian Academy of Natural of Science. Foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade de Vigo e investida o 26 de xaneiro de 2007.[3]

Lynn Margulis
Lynn Margulis.jpg
Nacemento5 de marzo de 1938
 Chicago
Falecemento22 de novembro de 2011
 Amherst
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Wisconsin-Madison, Universidade de Chicago, Universidade de California en Berkeley, University of Massachusetts Amherst e University of Chicago Laboratory Schools
Ocupaciónbiólogo evolutivo, catedrática, botánica, zoóloga, ecólogo e microbióloga
CónxuxeCarl Sagan
FillosDorion Sagan e Jeremy Sagan
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, Medalla Nacional de Ciencia, Medalha Darwin-Wallace, William Procter Prize for Scientific Achievement, William Procter Prize for Scientific Achievement, Doutor honoris causa pola Universidade Autónoma de Barcelona, honorary doctorate of the University of Vigo e honorary doctorate of the University of Valencia
editar datos en Wikidata ]

Desenvolveu o seu traballo como profesora distinguida do Departamento de Xeociencias da Universidade de Massachusetts. Entre os seus numerosos traballos no campo do evolucionismo destacou a súa teoría sobre o paso de células procariotas a células eucariotas (Endosimbiose Serial).

TraxectoriaEditar

Lynn Margulis iniciou os seus estudos de secundaria no instituto Público de Hyde Park, pero cando os seus pais a trasladaron á Escola Laboratorio da Universidade de Chicago, ela volveu ao instituto cos seus antigos amigos. Desta etapa de instituto recordaba con gran cariño a súa mestra de lingua castelá, a señora Kniazza.

Aos 16 anos foi aceptada no programa de adiantados da Universidade de Chicago onde aos 20 anos licenciouse, segundo ela adquiriu o título, un marido (Carl Sagan) e un máis duradeiro escepticismo crítico.

En 1958, continuará a súa formación na Universidade de Wisconsin como alumna dun mestrado e axudante de profesora. Estuda bioloxía celular e Xenética (xenética xeral e xenética de poboacións), mostrando unha grande admiración polo seu mestre James F. Crow (``Cambiou a miña vida, grazas a el souben que quería estudar xenética´´).

Xa se sente atraída polo mundo das bacterias desde o seu comezo que, naquela época, ela dicía que eran consideradas só na súa dimensión de xérmenes de carácter patóxeno e sen interese na esfera do evolucionismo. Lynn comezou a investigar os traballos ignorados e esquecidos para apoiar a súa primeira intuición sobre a importancia do mundo microbiano na evolución. Nos seus diferentes traballos nos guía no que foi a súa investigación e os antecedentes das súas achegas.

As súas achegas a bioloxía e ao evolucionismo son múltiples: describe paso a paso e con concreción a orixe das células eucariotas (a SET, considérase o seu mellor traballo; xunto a K.V. Schwartz clasifica a vida na terra en cinco reinos agrupados en dous grandes niveis: bacterias e eucariotas; formula a súa teoría sobre a simbioxénese e a teoría de importancia desta na evolución; apoia dende o primeiro momento a hipótese de Gaia do químico James E. Lovelock, contribuíndo a ela dende a bioloxía e intentando que adquirise categoría de teoría; realizar unha suma de traballos concretos sobre organismos bacterianos e formas de vida simbiótica... Na última fase da súa vida, traballou na posible orixe dos cilios das espiroquetas.

Teoría da endosimbiose serial (SET)Editar

Artigo principal: Endosimbiose.

Tras quince intentos fracasados de publicar os seus traballos sobre a orixe das células eucariotas, en 1966 logra que a revista Journal of Theoretical Biology acepte e finalmente publique a finais de 1967 o seu artigo Origin of Mitosing Cells. Max Taylor, especializado en protistas, mestre na Universidade de British Columbia, foi o que a bautizou co acrónimo SET (Serial Endosynbiosis Theory).

Lynn Margulis continuou traballando na súa teoría sobre a orixe das células eucariotas e o que nun principio fora un artigo adquiriu as dimensións dun libro. Novamente fracasou nos seus intentos de publicar, na que entón era a súa editorial (Academia Press) que tras manter o manuscrito cinco meses retido devolvéronlle unha carta onde publicaban o seu rexeitamento sen explicacións. Tras máis dun ano de intentos, o libro publicouse grazas a Yale University Press. Dende entón, a SET abrirase camiño penosamente ata hoxe, que se considera proba nas súas tres cuartas partes.

NotasEditar

  1. Fallece la bióloga estadounidense Lynn Margulis (en castelán)
  2. Muere Lynn Margulis, defensora del papel de las bacterias en la evolución de la vida Diario El Mundo (España), Lunes 28/11/2011. (en castelán)
  3. "Laudatio" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xuño de 2012. Consultado o 18 de marzo de 2012. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar