Pampallín
O pampallín é unha festa tradicional galega, celebrada historicamente no concello de Outes. Actualmente mantense pouco da tradición orixinal, e converteuse nun encontro xuvenil patrocinado polo consistorio.[1] É unha festa do ciclo da primavera relacionada co lume.
Orixe
editarO nome vén dos fachos de palla que antigamente empregaban os labregos para ver na noite. Non se sabe moi ben cando se comeza a celebrar, algúns cren que pode ser unha herdanza dalgunha festividade pagá, mais a tradición mantívose até hai poucos anos. Co comezo da primavera os labregos máis novos recorrían á noite as agras dos lugares, cada un co seu pampallín recitando ditos populares para "invocar" a fertilidade e celebrar a chegada da nova estación.[2]
Segundo anciáns que viviron os últimos anos desta tradición en Outes, podíase ver na distancia os fachos das outras parroquias bailando e camiñando arredor das agras.
Cultura tradicional
editarExiste moi pouca documentación sobre a festa. Da tradición oral recolleuse o seguinte dito popular:
Notas
editar- ↑ "Pampallín: alcol, mocidade e estratexia política". Vieiros. 30 de abril de 2002.
- ↑ "Los outienses reciben la primavera con el Pampallín". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ http://anxo.gal