Sueiro Gómez de Toledo

(Redirección desde «Suero Gómez de Toledo»)

Sueiro Gómez de Toledo foi un nobre e relixioso galego medieval, arcebispo de Santiago de Compostela entre 1362 e 1366.

Infotaula de personaSueiro Gómez de Toledo
Biografía
Morte30 de xuño de 1366 Editar o valor em Wikidata
Arcebispo católico
2 de maio de 1362 –
← Gómez ManriqueAlonso Sánchez de Moscoso (en) Traducir →
Arcebispo de Santiago de Compostela
1362 – 1366 – Alonso Sánchez de Moscoso (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónSacerdote católico de rito romano , sacerdote católico Editar o valor em Wikidata

Historia e lenda

editar

No medio das desputas sucesorias que tiveron lugar entre Pedro I e Henrique de Trastámara, foi asasinado xunto co deán da catedral, segundo parece na procesión do corpus o 9 de xuño de 1366.

A historia deu lugar a moitas lendas e obras literarias, e non están claras as súas circunstancias[1]. Despois do duro enfrontamento entre a familia dos Churruchaos (Súárez de Deza) e o bispo Berenguel de Landoira, que acabaron coa decapitación de Alonso Suárez de Deza, Fernán Pérez Churruchao e Alonso Gómez de Gallinato alancearon o bispo e o deán Pedro Álvarez co prace do rei Pedro I, pois o bispo apoiaba a Henrique de Trastámara. Este suceso marcou o fin da casa dos Churruchaos, que serían absorbidos pola Casa de Lemos.

  1. "Unha lenda compostelá" Arquivado 10/03/2016, en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 2 de xullo de 2005