Abrir o menú principal

Coordenadas: 43°03′17.6″N 8°56′52.1″O / 43.054889, -8.947806

San Martiño de Meanos
Igrexa de San Martiño de Meanos, Zas.JPG
Igrexa de San Martiño de Meanos.
ConcelloZas
ProvinciaA Coruña
Área18,3 km²
Poboación455 hab. (2018)
Densidade24,86 hab./km²
Entidades de poboación10

San Martiño de Meanos é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello de Zas. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 642 habitantes (340 mulleres e 302 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 715 habitantes. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 455 habitantes, sendo 206 homes e 249 mulleres. É a parroquia máis extensa de todo concello con 18,30 km cadrados.[Cómpre referencia] Eclesiasticamente pertence ó Arciprestado de Céltigos e é parroquia matriz da de Santa Sía de Roma.

PatrimonioEditar

No lugar das Edreiras atópase o Pazo das Edreiras, do século XVII.

A igrexa parroquial de San Martiño de Meanos, con formas barrocas do século XVIII, na que destacan a súa fachada, o presbiterio e o seu retablo barroco-rococó. Alberga no seu interior o Santo Cristo de Meanos un xigantesco Cristo feito en pedra. Esta peza, foi atopada enterrada, nunha caseta anexa a igrexa parroquial, durante a restauración da mesma, en xuño de 1990. A imaxe mide 143 cm e pénsase que foi enterrada cando se colocou o actual retablo maior. Foi datado no século XVII e polas características que presenta, fan del unha peza única en toda a Arquidiocese de Santiago de Compostela.[Cómpre referencia]

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de San Martiño de MeanosEditar

Lugares da parroquia de San Martiño de Meanos no concello de Zas (A Coruña)

A Atalaia | As Edreiras | Froxán | Langueirón | Maxín | Meanos | Rial de Arriba | San Martiño | Vila | Vilar de Lamas


Parroquias de ZasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar


 
 Este artigo sobre parroquias da Coruña é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.