Pico de Meda

monte galego

O Pico de Meda é a maior altura do concello de Zas, entre as parroquias de Gándara e Carreira. Ten 566 m de altitude sobre o nivel do mar. Atópase na chamada Serra de Santiaguiño, que vai dende Corcoesto ata Brandomil. Esta serra é debida a unha falla que formou o val de Soneira.[Cómpre referencia]

Dende alí pódese ver toda a costa dende Fisterra ata Arteixo. Despois de chover, debido a que o ceo está limpo, e estando solleiro pódese ver A Coruña, pero moi poucas veces. Atópase .

Atopáronse varias mámoas na zona, a maioría desfeitas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar