Vilar de Santos, Vilar de Santos
San Xoán de Vilar de Santos é unha parroquia do concello ourensán de Vilar de Santos. Segundo os datos do IGE, no ano 2007 tiña 496 habitantes (242 homes e 254 mulleres), o que supón un descenso de 18 persoas respecto ó ano anterior.
Vilar de Santos | |
---|---|
![]() portada da igrexa parroquial | |
Concello | Vilar de Santos[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°05′15″N 7°47′41″O / 42.087475, -7.7948111111111Coordenadas: 42°05′15″N 7°47′41″O / 42.087475, -7.7948111111111 |
Poboación | 432 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
PatrimonioEditar
A igrexa parroquial é de estilo románico de transición ó gótico ou protogótico. Substitúe a cabeceira gótica con algunha figura da nobreza representados coma mecenas na portada. Por outra banda, na parte exterior do templo hai un exemplo de iconografía románica erótica nun dos canzorros, cunha parella masturbándose, (home e muller) así como outras simboloxías a ter en conta e descifrar, como a portada norte do templo cun tímpano onde se representa unha árbore caída. Preto da igrexa hai un museo etnográfico sobre a comarca da Limia.
Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de Vilar de SantosEditar
Lugares da parroquia de Vilar de Santos no concello de Vilar de Santos (Ourense) | |
---|---|
Parroquias de Vilar de SantosEditar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Vilar de Santos | |
---|---|
Parada de Outeiro (Santa María) | Vilar de Santos (San Xoán) |