Igrexa Matriz de Melgaço

A igrexa Matriz de Melgaço é un templo católico portugués situado na freguesía de Vila, no concello de Melgaço (distrito de Viana do Castelo).

Igrexa Matriz de Melgaço
PaísPortugal
Coordenadas42°06′50″N 8°15′33″O / 42.11388889, -8.25916667Coordenadas: 42°06′50″N 8°15′33″O / 42.11388889, -8.25916667
editar datos en Wikidata ]
Tímpano co Arganão sobre a entrada lateral.
Interior do templo.

Características editar

Ten a súa orixe nun edificio románico do século XII, primitivamente designado como igrexa de Santa María da Porta, por se encontrar xunto a unha porta da muralla do castelo de Melgaço. Do trazado primitivo pouco resta, pois foi obxecto de moitas remodelacións ao longo dos tempos.

O portal principal está formado por dúas series de columnas con capiteis decorados con motivos vexetais. A porta lateral norte presenta unha arquivolta apontada, soportada por dúas consolas, que sustentan un tímpano cunha figura dun animal mitolóxico arganan en altorrelevo.

No seu interior, na capela lateral esquerda, posúe un retablo de finais do século XVI de António Figueiroa.