Comarca do Baixo Miño

comarca na provincia de Pontevedra
(Redirección desde «Baixo Miño»)

A comarca do Baixo Miño é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Pontevedra e a súa capital é Tui. Pertencen a ela os concellos de A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.

Comarca do Baixo Miño
ProvinciaProvincia de Pontevedra
Área322,85 km²
Poboación50.252 hab. (2020)
Densidade155,65 hab./km²
Concellos A Guarda
Oia
O Rosal
Tomiño
Tui

Xeografía editar

Situación editar

A comarca do Baixo Miño localízase co océano Atlántico ao oeste e o río Miño ao sueste que lle serve de fronteira natural con Portugal, até a súa desembocadura na Guarda, onde forma un amplo esteiro de importancia ornitolóxica.

Demografía editar

Padrón municipal 2020 50.252 habitantes[1]
Menores de 15 anos 6.848 (13,63 %)
Entre 16 e 64 anos 32.103 (63,88 %)
Maiores de 65 anos 11.301 (22,49 %)
Evolución da poboación de Comarca do Baixo Miño   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022
35.101 37.987 40.574 44.110 47.145 50.799 51.116 51.096 50.630 50.402 50.282 49.998 49.828 49.646 49.464 50.252 {{{17}}} {{{18}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Fonte: IGE[2] e INE[3].

Concello Extensión[4]
(km²)
Poboación[2] (2020)
(hab.)
Densidade
(hab./km²)
  A Guarda 20,50 10.025 489,02
  Oia 83,30 3.049 36,60
  O Rosal 44,13 6.289 142,51
  Tomiño 106,61 13.566 127,25
  Tui 68,32 17.323 253,55
TOTAL 322,85 50.252 155,65

Igrexa editar

Está dentro da diocese de Tui-Vigo, abarcando parroquias dos arciprestados de A Guarda-Tebra e Tui-Entenza.

Economía editar

Sobresae a produción pesqueira (A Guarda), coa frota palangreira adicada á captura do peixe espada máis importante do mundo; os vales do Rosal e outros levan as viñas da comarca, cos seus viños incluídos na denominación de Orixe Rías Baixas.

Política e goberno editar

 
Partidos na alcaldía de cada concello tras as eleccións municipais do ano 2019.     PSdeG      PPdeG      BNG

Tras as eleccións municipais do ano 2019, o PSdeG-PSOE gobernou os concellos de Tui[5] e A Guarda[6], o BNG os de Tomiño[7] e O Rosal[8], mentres que o PP o de Oia[9].


Galería de imaxes editar

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca do Baixo Miño

Notas editar

  1. "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-10. 
  2. 2,0 2,1 "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-10. 
  3. "Instituto Nacional de Estadística. (National Statistics Institute)". ine.es. Consultado o 2021-05-10. 
  4. "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-10. 
  5. "Tui". www.fegamp.gal. Consultado o 2021-05-10. 
  6. "Guarda, A". www.fegamp.gal. Consultado o 2021-05-10. 
  7. "Tomiño". www.fegamp.gal. Consultado o 2021-05-10. 
  8. "Rosal, O". www.fegamp.gal. Consultado o 2021-05-10. 
  9. "Oia". www.fegamp.gal. Consultado o 2021-05-10. 

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.