Serra do Larouco
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Larouco (homónimos).
A serra do Larouco é unha das serras do sur de Galiza. Ten orientación NE-SO e fai de límite entre A Limia e Portugal. Prolóngase cara ao norte até tocar a serra de San Mamede, entre as depresións da Limia e Monterrei. É unha serra de cumios suaves que van gañando altura cara ao sur. Está formada principalmente por granito e por algunhas rochas metamórficas. Boa parte está cuberta de mato e piñeiro de repoboación. Consérvanse zonas de bosque de cerquiño, e destaca o bosque da Rousía, en Baltar.
Tipo | serra | |||
---|---|---|---|---|
| ||||
O punto máximo de altitude é o Coto Farelo, con 1398 metros sobre o nivel do mar.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1