Serras do sur de Galicia

(Redirección desde «Serras do sur de Galiza»)

As serras do sur de Galiza son aquelas que se estenden polo país ao longo da raia con Portugal até o río Miño. Trátase dunha agrupación de serras que non teñen unha continuidade dado que están interrompidas pola depresión de Monterrei. Teñen a fractura de varias fallas con orientación N-S ou NE-S.

Serra de Santa Eufemia (Lobios)

Características editar

Un primeiro grupo está formado por serras de escasa altura, na comarca de Riós e a serra das Penas Libres, en Vilardevós. Logo de pasada a depresión de Monterrei, están a serra do Larouco, a serra da Pena, a serra de Pisco e mais ao do Xurés. A partir da serra de Santa Eufemia, a orientación pasa de ser L-O a ser N-S, e así continúa até o río Miño polas serras do Quinzo, Queguas e Laboreiro.

Son en xeral serras de relevo suave con arredor de 1.000 metros de altitude de media. O pico máis elevado atópase na serra do Xurés, especialmente o Altar dos Cabrós, con 1498 metros.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar