Mafalda de Savoia

Mafalda de Savoia, nada contra 1125 no condado de Savoia, Sacro Imperio Romano-Xermánico, [1] e finada o 3 de decembro de 1157 en Coímbra, Reino de Portugal,[2] tamén coñecida como Mahaut ou Matilda (en portugués, sempre como Mafalda), filla de Amedeo III de Savoia e da súa esposa Matilde de Albon, foi a primeira raíña consorte de Portugal tras a súa unión matrimonial en 1146 con Afonso I —da casa de Borgoña, e coñecido tamén como Afonso Henriques— primeiro rei de Portugal.

Mafalda de Savoia
Raíña consorte de Portugal
Miniatura do século XVI que representa a Mafalda de Savoia, raíña de Portugal, en The Portuguese Genealogy (Xenealoxía dos Reis de Portugal)

Reinado1146 - 1157
Nacementoc. 1125
Condado de Savoia
Falecemento3 de decembro de 1157
Coímbra, Reino de Portugal
SepulturaMoasterio de Santa Cruz, Coímbra
SucesorDoce de Aragón
ConsorteAfonso I de Portugal
DescendenciaVéxase: Matrimonio e desdendencia
Casa realSavoia (por nacemento)
Borgoña (por casamento)
ProxenitoresAmedeo III de Savoia
Matilde de Albon

Escudo de Mafalda de Savoia
Armas do condado de Savoia
Na rede
WikiTree: Savoie-399
Tumba de Mafalda de Savoia e de Afonso I de Portugal, Mosteiro de Santa Cruz, Coímbra.
Igrexa do Mosteiro de Santa Cruz de Coímbra.

Orixes familiares editar

Mafalda foi a segunda ou a terceira filla de Amedeo III, conde de Savoia, e da súa esposa Matilde de Albon,[1] [3][4] (irmá de Guigues IV de Albon, conde de Albon, o Delfín).

Unha tía de Mafalda, Adela de Savoia, era raíña consorte de Francia polo seu matrimonio co rei Lois VI, e un tío avó seu fora papa entre 1119 e 1124, co nome de Calisto II.[5]

Posíbeis razóns para o seu matrimonio con Afonso Henriques editar

O pai de Mafalda participara na Segunda Cruzada, e esta podería ser unha das razóns para a elección de Mafalda como consorte do primeiro rei de Portugal, co propósito de formar unha alianza entre o novo reino e a Casa de Savoia para a expulsión dos musulmáns do territorio portugués e, ao mesmo tempo, demostrar a súa independencia do Reino de Galicia e León ao elixir unha esposa fóra do ámbito e influencia da monarquía galaico-leonesa.[6]

Tamén é posíbel que Afonso Henriques non puideera escoller unha das infantas dos reinos ibéricos por razóns de parentesco,[7] ou que a voda fora suxerida polo cardeal Guido de Vico, legado papal na Península Ibérica e unha das testemuñas do tratado de Zamora, conferencia de paz entre Afonso Henriques e seu curmán, rei de Galicia, León, Castela e Toledo, celebrada en Zamora o 5 de outubro de 1143, e considerada como a data da independencia de Portugal e o inicio da dinastía afonsina.[6]

Vida como raíña consorte editar

A presenza de Mafalda rexistrouse por primeira vez en Portugal o 23 de maio de 1146 cando, xunto co seu esposo, confirmou unha doazón que fixera a súa sogra, Teresa de León, á Orde de Cluny.[8]

Foi patroa dos cistercienses, e fundou o Mosteiro de Costa en Guimarães, así como un hospital en Canaveses (Vila Ral) para os peregrinos pobres e enfermos que se dirixían a Santiago de Compostela polo Camiño Portugués.[8]

O historiador medievalista inglés, Walter Map, na súa obra De nugis curialium, conta que «o rei de Portugal que agora vive», case seguro que Afonso I, fora convencido por malos conselleiros para que asasinara á súa esposa embarazada por causa de celos. Porén, non hai ningunha outra fonte desta historia, que non é xeralmente aceptada.

Probabelmente a raíña falecue das secuelas do seu último parto, o de Sancha,[9] se é que Mafalda faleceu en 1157.

Morte e sepultura editar

A raíña Mafalda morreu en Coímbra o 3 de decembro de 1157 ou de 1158. José Mattoso cita 1157 como o ano da súa defunción.[10] E o historiador portugués Frederico Francisco Stuart de Figanière menciona o mesmo día pero un ano despois e cita un documento que demostra que a raíña aínda vivía en 1158.[11]

O documento, arquivado na Torre do Tombo, que menciona La Figanière, refírese á doazón da vila de Atouguia polo rei Afonso e a súa esposa a Guillerme de cornibus no que o rei confirma cum uxore mea Regina domna Mahalda filia comitis Amadei et de Moriana.[12]

Mafalda recibiu sepultura no Mosterio de Santa Cruz desa cidade, onde sería enterrado o seu marido, que a sobreviviu máis de vinte e sete anos.[13]

Sobrevivírona admais seis dos seus sete fillos dos cales soamente Sancho, Urraca e Teresa chegarían á idade adulta.[14]

Matrimonio e descendencia editar

Aínda que segundo os Annales D. Alfonsi Portugallensium Regis a voda con Afonso Henriques celebrouse en 1145, non foi até un ano despois, en maio de 1146,[15] cando ambos o esposos aparecen xuntos por primeira vez. O historiador José Mattoso cita outra fonte, Noticia sobre a Conquista de Santarém segundo a cal, a cidade foi tomada o 15 de maio de 1147 e menos dun ano despois da voda real. Debido a que nesa época non se podían celebrar matrimonios durante a coresma, Mattoso suxire que a voda se celebrou en marzo ou abril de 1146, posibelmente no domingo de Resurrección que nese ano caeu no 31 de marzo.[16] O noivo tiña case 38 anos e a noiva ao redor dos 21. Os infantes nacidos deste matrimonio foron:[17][18][19]

Predecesor:
Ningún
 
Raíña consorte de Portugal

1146 - 1158
Sucesor:
Doce de Aragón

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Rodrigues Oliveira 2010, p. 67.
  2. 2,0 2,1 Mattoso 2014, p. 227.
  3. Savoia en Medieval Lands (en inglés).
  4. The House of Savoy Arquivado 18 de maio de 2013 en Wayback Machine. en genealogy (en inglés).
  5. Rodrigues Oliveira 2010, p. 69.
  6. 6,0 6,1 Rodrigues Oliveira 2010, pp. 67–68.
  7. Rodrigues Oliveira 2010, p. 80.
  8. 8,0 8,1 Rodrigues Oliveira 2010, p. 75.
  9. Mattoso 2014, pp. 224-225 y 227.
  10. Mattoso 2014, p. 223.
  11. Rodrigues Oliveira 2010, p. 612, n. 33.
  12. La Figanière 1859, p. 231.
  13. Rodrigues Oliveira 2010, p. 76.
  14. Rodrigues Oliveira 2010, p. 77.
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 15,5 15,6 15,7 15,8 Rodrigues Oliveira 2010, p. 71.
  16. Mattoso 2014, p. 220.
  17. Portugal en Medieval Lands (en inglés).
  18. Capetos en genealogy (en inglés)
  19. Afonso I de Portugal Arquivado 02 de xullo de 2008 en Wayback Machine. en genealogie - mittelalter (en alemán).
  20. 20,0 20,1 20,2 20,3 20,4 20,5 20,6 Mattoso 2014, p. 226.
  21. Na época na que Henrique naceu, a atribución dos nomes dos infantes era feita segundo unha norma. O usual era que se o primoxénito fora un neno recibise o nome do avó paterno, mentres que se era unha nena recibía o da avoa. Cos segundos fillos o criterio era o mesmo, apenas coa diferenza de seren os nomes dos avós maternos.
  22. Rodrigues Oliveira 2010, p. 79.
  23. Arco y Garay 1954, p. 168.
  24. Rodrigues Oliveira 2010, p. 72.
  25. Mattoso 2014, pp. 227 e 383.
  26. Caetano de Souza 1735, p. 60.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Arco y Garay, Ricardo del (1954). Sepulcros de la Casa Real de Castilla (en castelán). Madrid: Instituto Jerónimo Zurita. Consejo Superior de Investigaciones Científicas. OCLC 11366237. 
  • Caetano de Souza, Antonio (1735). Historia Genealógica da Real Casa Portugueza (PDF) (en portugués). I, Libros I e II. Lisboa: Lisboa Occidental, na oficina de Joseph Antonio da Sylva. ISBN 978-84-8109-908-9. 
  • La Friganiére, Frederico Francisco de (1859). Memorias da rainhas de Portugal (en portugués). Lisboa: Typographia Universal. OCLC 680459800. 
  • Mattoso, José (2014). D. Afonso Henriques (en portugués) (2ª ed.). Lisboa: Temas e Debates. ISBN 978-972-759-911-0. 
  • Rodrigues Oliveira, Ana (2010). Rainhas medievais de Portugal. Dezassete mulheres, duas dinastias, quatro séculos de História (en portugués). Lisboa: A esfera dos livros. ISBN 978-989-626-261-7. 

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar