Fumaces e A Trepa

parroquia eclesiástica galega

Coordenadas: 41°57′51″N 07°20′03″O / 41.96417, -7.33417

Fumaces e A Trepa
Cemiterio no lugar da Trepa.
Diocese: Ourense
Arciprestado Verín

Santa María de Fumaces e A Trepa foi unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado de Verín, na diocese de Ourense, que tiña as súas terras e os seus lugares repartidos entre dous concellos, o de Riós e o de Vilardevós.

Dos lugares que formaban a parroquia, as aldeas de Fumaces, San Cristovo e A Trepa pertencen ao concello de Riós, e a de Feilas ao concello de Vilardevós.

Na Trepa celébrase a romaría máis importante do concello e ata da comarca de Verín. Celebrase o 15 de setembro na honra da Nosa Señora das Dores. En 1777 Pedro González de Ulloa fai mención dela, así como da igrexa construída a carón do antigo Camiño Real, a actual estrada N-525.

Historia editar

A parroquia desapareceu o 6 de outubro de 1951 cando o daquela bispo de Ourense, Francisco Blanco Nájera, segregou o lugar de Fumaces para formar dúas parroquias: a de Fumaces co lugar segregado, e a da Trepa cos lugares restantes.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar