Fumaces e A Trepa, Riós
parroquia civil do concello de Riós
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Fumaces e A Trepa (homónimos).
Santa María de Fumaces e A Trepa é unha parroquia do concello de Riós na comarca de Verín da provincia de Ourense. Segundo o IGE[2] en 2014 tiña 248 habitantes (115 homes e 133 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación[3].
Fumaces e A Trepa | |
---|---|
![]() Igrexa de Santa María na Trepa. | |
Concello | Riós[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 41°57′24″N 7°20′16″O / 41.956794444444, -7.3378277777778Coordenadas: 41°57′24″N 7°20′16″O / 41.956794444444, -7.3378277777778 |
Poboación | 248 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ata 1951 formou parte da parroquia eclesiástica de Fumaces e A Trepa que estaba formada polos 3 lugares desta parroquia civil, máis o único lugar da parroquia homónima do concello de Vilardevós. Desde ese ano, a parroquia eclesiástica de Fumaces e A Trepa desdobrouse en dúas: a de Fumaces, formada co lugar homónimo; e a da Trepa, formada cos outros tres lugares da antiga parroquia eclesiástica.
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ IGE (ed.). "Nomenclátor de Galicia, ano 2014. Busca por entidades". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2021. Consultado o 24 de abril de 2021.
- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Nomenclátor de Galicia. Busca directa".
Lugares e parroquias editar
Lugares de Fumaces e A Trepa editar
Lugares da parroquia de Fumaces e A Trepa no concello ourensán de Riós | |
---|---|