Castrelo de Abaixo, Riós

parroquia civil do concello de Riós

Santa María de Castrelo de Abaixo é unha parroquia do concello ourensán de Riós na comarca de Verín. Segundo o IGE en 2011 tiña 79 habitantes (40 mulleres e 39 homes), repartidos entre os lugares de Castrelo de Abaixo e A Silva, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 121 habitantes. Non obstante, moitos dos veciños censados atópanse actualmente noutros concellos ou na emigración.

Castrelo de Abaixo
Igrexa parroquial
ConcelloRiós[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas41°56′48″N 7°12′01″O / 41.94663889, -7.20022222Coordenadas: 41°56′48″N 7°12′01″O / 41.94663889, -7.20022222
Poboación79 hab. (2011)
Entidades de poboación2[1]
editar datos en Wikidata ]

Clima e contorno editar

A parroquia e así mesmo o concello de Riós, posúe un marcado clima mediterráneo de montaña e aloxa algunhas especies de flora: aciñeira (Quercus ilex ssp. rotundifolia), escornacabras (Pistacia terebinthus), Arce de Montpelier (Acer monspessulanum) e fauna: abelleiro (Merops apiaster), andoriña dáurica (Hirundo daurica), gaio azul (Coracias garrulus), osga(Tarentola mauritanica), especialmente raras en Galicia.

Na parroquia de Castrelo de Abaixo atópase Trambolosríos e A Fraga do Curral, lugar onde se cruzan os ríos Mente e Arzoá, de grande importancia ecolóxica, natural e paisaxística, que linda co Parque Natural de Montesinho en Portugal, e co parque natural do Invernadeiro, no Macizo Central ourensán. A vista dende o monte coñecido como a Fraga do Curral mostra un val de pronunciadas ladeiras e cortados fluviais de filitas.

Historia editar

O topónimo de Castrelo ("Pequeno Castro"), así como algúns obxectos atopados nos arredores da poboación, poderían indicar unha continua presenza humana desde época romana. O topónimo é compartido pola parroquia veciña de Castrelo de Cima, e polo monte coñecido como o Castrellón. Nas proximidades tamén se atopa un antigo castro coñecido popularmente como A Cavanca dos Mouros e que foi escavado fai unhas décadas, onde se atoparon diversos obxectos arqueolóxicos.

Na parroquia atópase un camiño de paso que comunica con Portugal e que é coñecido como Portantigo e que a miúdo foi utilizado polos contrabandistas durante tódalas épocas.

Entre 1812 e 1823 Castrelo de Abaixo formou parte do concello de Castrelo, pero a partir de 1835 pasou a formar parte do concello de Riós, que xurdiu coa unión dos anteriores concellos de Riós e Castrelo.

Festas editar

As festas celébranse en torno ós días 11 e 12 de agosto en honor de Santa María da Asunción, patroa da parroquia.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Castrelo de Abaixo editar

Lugares da parroquia de Castrelo de Abaixo no concello ourensán de Riós

Castrelo de Abaixo | A Silva

Parroquias de Riós editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Riós

Castrelo de Abaixo (Santa María) | Castrelo de Cima (Santa María) | Fumaces e A Trepa (Santa María) | O Navallo (San Vicente) | Progo (San Miguel) | Riós (Santa María) | Rubiós (San Pedro) | Trasestrada (Santo Estevo)


Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar