A Silva, Castrelo de Abaixo, Riós
lugar da parroquia de Castrelo de Abaixo no concello de Riós
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Silva.
A Silva é un lugar da parroquia de Castrelo de Abaixo, do concello ourensán de Riós, na comarca de Verín.[1] Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 15 habitantes (6 homes e 9 mulleres).
A Silva | |
---|---|
Parroquia | Castrelo de Abaixo |
Concello | Riós |
Coordenadas | 41°56′42″N 7°13′17″O / 41.9449, -7.2213 |
Poboación | 15 hab. (2023) |
[ editar datos en Wikidata ] |
O lugar aparece documentado en mapas do século XVIII. Está situado á beira do río Arzoá, e consérvase un antigo muíño de auga que foi recentemente restaurado e habilitado xunto co seu contorno para o turismo. Hai tamén un forno comunal no fondo da aldea.
Lugares e parroquias
editarLugares de Castrelo de Abaixo
editarLugares da parroquia de Castrelo de Abaixo no concello ourensán de Riós | |
---|---|
Parroquias de Riós
editar
Notas
editar- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Castrelo de Abaixo, Riós". Consultado o 18 de maio de 2023.
- ↑ "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia.