Castrelo de Cima, Riós

parroquia civil do concello de Riós

Santa María de Castrelo de Cima (tamén coñecido como Castrelos de Cima ou Castrelos de Riba) é unha parroquia do municipio de Riós. Comprende as aldeas de Castrelo de Cima, Covelas, As Lapedas (desaparecida), o Mourisco, San Paio e A Veiga do Seixo, limitando directamente esta última coa fronteira portuguesa. En 2011, segundo o IGE, tiña 171 habitantes (90 homes e 81 mulleres).

Castrelo de Cima
Vellarón, Castrelo de Cima, Riós, Galiza.jpg
Vellarrón (máscara de entroido)
ConcelloRiós[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas41°57′55″N 7°12′27″O / 41.965275889033, -7.2076084260982Coordenadas: 41°57′55″N 7°12′27″O / 41.965275889033, -7.2076084260982
Poboación171 hab. (2011)
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

Clima e contornoEditar

A parroquia, como todo o concello de Riós, posúe un marcado clima mediterráneo de montaña e aloxa algunhas especies de flora como a aciñeira (Quercus ilex ssp. rotundifolia), o terebinto (Pistacia terebinthus), ou o arce de Montpelier (Acer monspessulanum), e de fauna, coma o abelleiro (Merops apiaster), a andoriña dáurica (Hirundo daurica), a gaio azul (Coracias garrulus) ou a osga (Tarentola mauritanica), especialmente raras en Galicia.

HistoriaEditar

A primeira referencia escrita da que se ten constancia sobre Castrelo de Cima atópase na Casa de Contratación no Archivo General de Indias. A partir do descubrimento de América a Casa de Contratación era o organismo encargado, entre outras funcións de organizar as primeiras expedicións a América. Nun documento datado do 23 de marzo de 1615 menciónase a un tal Juan Rodríguez, fillo de Juan Esteban e Inés Rodríguez, "natural de Castrelos de Cima", que viaxa a Perú como criado de Pedro Enríquez de Guzmán, capitán da garda de Francisco de Borja. Posiblemente se tratase da primeira persoa de Castrelos que viaxou ó Novo Mundo.[2]

Entre 1812 e 1835 Castrelo de Cima formou parte do concello de Castrelo, sendo a sede do concello, pero a partir de 1835 pasou a formar parte do concello de Riós, que xurdiu coa unión dos anteriores concellos de Riós e Castrelo.

O topónimo de Castrelo ("pequeno castro"), así como algúns obxectos atopados nos arredores da poboación, poderían indicar unha continua presenza humana desde época romana. O topónimo é compartido pola parroquia veciña de Castrelo de Abaixo.

MonumentosEditar

A igrexa parroquial de Santa María de Castrelo de Cima foi construída no século XVIII. O retablo, da mesma época, rodea a figura de madeira da patroa e unha cruz procesional do século XVII. Foi restaurado no ano 2005.

Festas e tradiciónsEditar

As festas celébranse en torno os días 7,8, e 9 de setembro en honor de Nosa Señora dos Remedios, patroa da parroquia. Na festa celébrase o ritual da Queimada, instaurado na década de 1970 e que constitúe un intento de recuperar e ensalzar unha serie de costumes e festividades autóctonos, á vez que se impulsaban as festas patronais, polo que se celebra o terceiro e último día das festas.

Existía un entroido tradicional con máscaras e traxes típicos ("vellarróns") en Castrelo de Cima e na Veiga do Seixo, aínda que desapareceron hai varias décadas. O concello do Riós patrocina a recuperación destes traxes no marco do entroido da comarca de Verín.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de Castrelo de CimaEditar

Lugares da parroquia de Castrelo de Cima no concello ourensán de Riós

Castrelo de Cima | Covelas | As Lapedas | O Mourisco | San Paio | A Veiga do Seixo

Parroquias de RiósEditar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Riós

Castrelo de Abaixo (Santa María) | Castrelo de Cima (Santa María) | Fumaces e A Trepa (Santa María) | O Navallo (San Vicente) | Progo (San Miguel) | Riós (Santa María) | Rubiós (San Pedro) | Trasestrada (Santo Estevo)


NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. Código de Referencia ES.41091.AGI/16404.42.3.139//CONTRATACION,5346,N.12

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar