Riós, Riós

parroquia civil do concello de Riós

Santa María de Riós é unha parroquia e sede do concello homónimo de Ourense dende a reordenación de 1812. Segundo o IGE[2], en 2016 tiña 572 habitantes (285 homes e 287 mulleres). As aldeas da parroquia son As Corvaceiras, As Ferreiras, Florderrei Marcelín, Riós, Romariz e As Vendas da Barreira.

Riós
Igrexa de Santa María de Riós.
ConcelloRiós[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas41°58′27″N 7°16′56″O / 41.97425493, -7.28217905Coordenadas: 41°58′27″N 7°16′56″O / 41.97425493, -7.28217905
Poboación572 hab. (2016)
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio editar

A Igrexa de Santa María de Riós completouse en 1718 sendo abade Antonio Ramos Moscoso. De marcado estilo barroco, é a principal das igrexas do concello.

No interior atópanse interesantes tallas de madeira de Santa Ana, San Xoaquín, Santa Lucía e o Santo Cristo. A rúa central do retablo presenta un sagrario en forma de baldaquino e adornado con columnas salomónicas. E mesmo encima está a talla da Virxe da Asunción, que algúns autores atribúen, quizais erradamente, ó escultor renacentista Xoán de Angés. Entre os retablos laterais destacado o dedicado ó Cristo crucificado, relacionado pola súa anatomía e dramatismo coa escola castelá de Gregorio Fernández.

Aínda quedan elementos doutra igrexa parroquia máis antiga. Dos elementos litúrxicos do templo primitivo consérvanse un cáliz do século XVI, unha fermosa cruz procesional do prateiro Isidro de Montanos, do século XVII e unha naveta con fina filigrana plateresca.

En Riós tamén se atopa un fermoso cruceiro, xunto da travesía, de tres chanzos e coroado por unha cruz de pedra florenzada, semellante ó que se atopa na parroquia de Progo.

Festas editar

A patroa de Riós é Santa María da Asunción e as festas parroquiais celébranse en torno ós días 15 e 16 de agosto. Á parte das festas parroquiais destacan as festas de San Cristovo, o 25 de xullo, e a de San Roque o 16 de agosto.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Riós editar

Lugares da parroquia de Riós no concello ourensán de Riós

As Corvaceiras | As Ferreiras | Florderrei | Marcelín | Riós | Romariz | As Vendas da Barreira

Parroquias de Riós editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Riós

Castrelo de Abaixo (Santa María) | Castrelo de Cima (Santa María) | Fumaces e A Trepa (Santa María) | O Navallo (San Vicente) | Progo (San Miguel) | Riós (Santa María) | Rubiós (San Pedro) | Trasestrada (Santo Estevo)


Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar