Progo, Riós

parroquia civil do concello de Riós

San Miguel de Progo é unha parroquia do concello ourensán de Riós. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 138 habitantes (70 homes e 68 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 261 habitantes. Ten catro aldeas: Pousada, Progo, Santa Baia, Vilariño das Touzas.

Progo
ConcelloRiós[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas41°56′26″N 7°17′09″O / 41.94055556, -7.28575
Poboación138 hab. (2023)
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

A parroquia está situada sobre unha extensa chaira aproveitada para a gandaría, e dispón de varios soutos de castiñeiros.

Patrimonio

editar

A igrexa de San Miguel de Progo é de cantería no exterior, con espadana de dous vans e adorno de pináculos, seguindo un modelo común entre as igrexas da comarca. Posiblemente foi construída no século XVIII, aínda que se descoñece a data exacta da súa construción. A igrexa posúe un cáliz coa inscrición: Pedro Pérez, veciño de Córdoba, deu este cáliz para San Pedro de Posada, ano de 1745.

Xunto co cruceiro de Riós, o cruceiro de Progo é un dos dous que existen en todo o concello. Ten tres chanzos, capitel moldurado e acabado en pedra florenzada.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Progo

editar
Lugares da parroquia de Progo no concello ourensán de Riós

Pousada | Progo | Santa Baia | Vilariño das Touzas

Parroquias de Riós

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Riós

Castrelo de Abaixo (Santa María) | Castrelo de Cima (Santa María) | Fumaces e A Trepa (Santa María) | O Navallo (San Vicente) | Progo (San Miguel) | Riós (Santa María) | Rubiós (San Pedro) | Trasestrada (Santo Estevo)


Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar