Coordenadas: 41°54′50″N 7°11′36″O / 41.9137739, -7.193259 Trambolosríos é un espazo natural situado na parroquia de Castrelo de Abaixo, concello de Riós, na fronteira entre Galiza e Portugal (A Raia).

Características editar

En Trambolosríos xúntanse o río Arzoá e o río Mente, que constitúen a marca de fronteira. É un lugar de grande importancia ecolóxica, natural e paisaxística, que linda co Parque Natural Montes do Invernadeiro en Portugal. O lugar atópase no fondo dun val fluvial, arrodeado por pronunciadas ladeiras e cortados de filitas.

Hai varias décadas o lugar empregábase como paso entre España e Portugal, pero actualmente atópase en desuso, e os antigos camiños foron invadidos pola maleza.

Trambolosríos destaca pola súa paisaxe natural, cun frondoso bosque de especies autóctonas e sobre todo piñeiros, procedentes dunha recente repoboación.