Castrelo de Miño
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Coordenadas: 42°17′40″N 8°4′00″O / 42.29444, -8.06667
Castrelo de Miño é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro.
Castrelo de Miño | |
---|---|
![]() Casa do concello | |
Situación | |
Xentilicio[1] | miñense (non oficial) |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca do Ribeiro |
Poboación | 1.315 hab. (2022)[2][3] |
Área | 39,7 km²[3] |
Densidade | 33,12 hab./km² |
Entidades de poboación | 7 parroquias[4] |
Capital do concello | Barral |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | Avelino Pazos Pérez (PPdeG[6] eleccións=Eleccións municipais en Castrelo de Miño) |
Concelleiros | BNG: 3 PPdeG: 3 PSdeG-PSOE: 3 |
{{{eleccións}}} | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 69,00% |
Na rede | |
http://www.castrelo.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
Castrelo de Miño limita ó oeste co concello de Ribadavia, ao norte con Cenlle, ó leste con Toén, ó sur con Cartelle e A Arnoia. Abrangue unha superficie de 39,7 km2 nos que acolle unha poboación de 1.349 habitantes (conforme o padrón de 2019), distribuídos nas parroquias de Macendo, Barral, Castrelo de Miño, Astariz, Ponte Castrelo, Prado de Miño e Vide de Miño. A capital municipal é o lugar de Barral, na parroquia de Barral. Está adscrito ó partido xudicial de Ribadavia e á provincia e diocese de Ourense.
PoboaciónEditar
Censo total | 1.349 (2019) |
---|---|
Menores de 15 anos | 67 (4.97 %) |
Entre 15 e 64 anos | 670 (49.67 %) |
Maiores de 65 anos | 612 (45.36 %) |

Evolución histórica[8] | 1981 | 1986 | 1991 | 1996 | 2001 | 2006 | 2011 | 2016 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Número de habitantes | 5.508 | 5.327 | 3.605 | 2.121 | 2.121 | 2.008 | 1.814 | 1.490 |
O río máis importante que atravesa o concello é o Miño.
ClimaEditar
Climaticamente atópase baixo un microclima mediterráneo. A temperatura media anual é de 14,9 °C e a precipitación anual media é de 790 mm. Distínguese unha área de terras baixas e outra coas montañas que rodean o val.
HistoriaEditar
A historia de Castrelo de Miño, coñecido na Idade Media como Castrum Minei, estivo ligada a un mosteiro dúplice, que pertenceu sucesivamente ao bispo de Ourense, á Orde de San Xoán de Xerusalén e á encomenda de Quiroga.
A igrexa de Santa María atópase ao pé da presa. No ano 947 era mosteiro de monxas, unha das súas máis destacadas abadesas foi dona Goto, a viúva do rei de Galicia Sancho Ordóñez. O rei de León, Sancho o Craso, foi envelenado neste mosteiro no ano 967. Esta igrexa mantén parte da torre románica e unha ábsida semicircular do século XII. Conta cun arco triunfal de medio punto. No exterior hai relevos románicos. Gran parte da igrexa foi reconstruída en 1763, en estilo barroco. A tenencia deste castelo pasou por varias mans, entre elas os da Casa de Traba así como a liñaxe dos Arias, que mantivo neste castelo e logo no de Pena Corneira preso ao rei Afonso VII sendo un neno.
O río Miño marcou a actividade deste concello. Na Idade Media existiu unha ponte que se derrubou no século XVI, os seus servizos foron suplidos por unha barca. Nos anos vinte construíuse a ponte de pedra e ferro que conectaba ambas beiras do Miño, nela leváronse a cabo asasinatos durante a Guerra civil española. A construción do encoro en 1969 por FENOSA que asolagou parte das terras do concello, levou consigo a oposición dos agricultores pola contía das indemnizacións, as consecuencias ambientais e a desaparición de terras fértiles, dándose aquí unhas das primeiras manifestacións mais famosas contra dos encoros en Galicia auspiciada pola UPG. Na década de 1970 acabouse de construír a estrada nacional que unía Ourense con Portugal converténdose esta ruta na mais rendible debido ao número de viaxeiros que ía ao contrabando á Raia en Ponte Barxas.
CulturaEditar
ToponimiaEditar
O nome de Castrelo procede do latín castellum e castrum, "cidade alta e fortificada"[9]. O xenitivo de Miño fai referencia ó río Miño.
EconomíaEditar
A economía do concello depende de maneira maioritaria do sector primario (representa aproximadamente o 50% da poboación), máis concretamente do sector vitivinícola, con 23 adegas en produción (2017), o cal corresponde a unha media dunha adega por cada 65 habitantes.[Cómpre referencia] A gandería ten pouco peso no concello e limítase a granxas porcinas provedoras da cooperativa COREN. O sector industrial representa un 20% da poboación activa, onde destaca algunha fabrica téxtil e o encoro de Fenosa. O sector servizos do concello limítase a cubrir as necesidades básicas.
DeportesEditar
O Castrelo Club de Fútbol é o equipo do concello e de creación recente (2010) e compite na Terceira Autonómica de Galicia (Grupo 13 - Ourense) así como tamén compite na Copa da Excma. Deputación de Ourense.
Parque Náutico de GaliciaEditar
O Club Náutico Castrelo de Miño[10] é o Centro Náutico de referencia do interior de Galicia grazas á súa gran superficie de auga embalsada e as súas amplas e completas instalacións. Leva funcionando mais de 25 anos (dende 1991) e realízanse actividades deportivas con carácter turístico-recreativo e adestramento-competición, de vela, remo e piragüismo. Ofrécense cursos de iniciación e perfeccionamento todo o ano e realízanse competicións de carácter autonómico e estatal.
FestasEditar
- Festa de Nosa Señora das Neves: en Barral; 4, 5 e 6 de agosto. Inclúen a celebración da festa gastronómica da anguía.
- Festas de San Roque: en Macendo; 15 e 16 de agosto.
- Festas de San Antonio: en Souto; segundo sábado de xullo.
- Ribeiro Blues: segundo fin de semana de agosto (cancelado desde 2021).
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Castrelo de Miño.
ParroquiasEditar
Lugares de Castrelo de MiñoEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Castrelo de Miño vexa: Lugares de Castrelo de Miño.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Castrelo de Miño".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Castrelo de Miño". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ "Instituto Galego de Estatística". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2017. Consultado o 07 de agosto de 2017.
- ↑ Moralejo Lasso, A.: Toponimia gallega y leonesa. Santiago de Compostela. Editorial Pico Sacro. 1977, páxs. 22, 25 e 281. ISBN 84-85170-20-2
- ↑ Sitio web do Club Náutico Castrelo de Miño
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castrelo de Miño |