Abrir o menú principal

Antonio Montero Fernández

político español

Antonio Montero Fernández, nado en Uruguai en 1965, é un político galego do PPdeG.

Antonio Montero Fernández
Nacemento1965
 Uruguai
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

É empregado de banca, está solteiro e non ten fillos[1]. Concelleiro en Avión polo PPdeG, foi o substituto de Francisco Gil Zamora logo do falecemento deste o 29 de maio de 2005. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía e foi elixido alcalde con maioría absoluta.[2] Dende xaneiro do 2010 é tamén vicesecretario do PP en Ourense, posto para o que foi nomeado polo vicepresidente do Parlamento de Galicia e novo presidente provincial, Xosé Manuel Baltar Blanco[3]. Ademais forma parte do Consello Federal da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP)[4]. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta.


Predecesor:
Francisco Gil Zamora
  
Alcalde de Avión
 
2005 - actualidade
Sucesor:
no cargo

NotasEditar

  1. Regidores en la provincia de Ourense Arquivado 18 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.. www.elcorreogallego.es, sen data. (en castelán)
  2. Concello de Avión[Ligazón morta]. www.ourensedixital.com, 07/2007. (en castelán)
  3. Baltar Blanco releva o seu pai á fronte do PP ourensán. www.anosaterra.org, 30/01/2010.
  4. Organigrama Consello Federal Arquivado 21 de xullo de 2011 en Wayback Machine.. www.fegamp.org, sen data.

Véxase taménEditar