Abrir o menú principal

Sociedade de San Francisco de Sales

(Redirixido desde "Salesianos")
Escudo dos salesianos.

A Pía Sociedade de San Francisco de Sales, Sociedade de Francisco de Sales ou Pía Sociedade Salesiana (en latín: Societas Sancti Francisci Salesii), cuxos membros son coñecidos como Salesianos de Don Bosco ou, popular e simplemente. como Salesianos, é unha congregación relixiosa católica fundada por san Xoán Bosco cuxa sede principal se encontra na cidade de Turín.

É recoñecida como unha organización internacional de carácter relixioso católico cuxo obxectivo é axudar e apoiar á xuventude, sendo a segunda comunidade relixiosa masculina máis numerosa da Igrexa católica, por detrás da Compañía de Xesús (xesuítas).

Os membros deste instituto pospoñen aos seus nomes a sigla S.D.B., e son coñecidos entre outros aspectos, pola súa devoción á advocación mariana de María Auxiliadora.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.