Abrir o menú principal

Entierro del General Sánchez Bregua

un dos primeiros filmes rodados en Galicia

Imaxe do enterro do Xeneral Sánchez Bregua realizada por José Sellier, posiblemente realizada no mesmo momento de realizar a película.

O Entierro del General Sánchez Bregua está considerado un dos primeiros filmes cinematográficos rodados en Galicia[1]. A cinta non se conserva.[2]

Índice

HistoriaEditar

José Sellier rodou en maio de 1897 os seus primeiros filmes: Fábrica de gas, Orzán, oleaje e Plaza de Mina,[3] mais o primeiro filme ao que se lle pode poñer data exacta foi Entierro del General Sánchez Bregua.[1] Rodouno o 20 de xuño de 1897 con ocasión da condución pola cidade da Coruña do cadáver de José Sánchez Bregua, natural de Oleiros e que fora Capitán Xeral de Galicia e Ministro de Guerra no goberno de Castelar. Foi a primeira rodaxe en España dun filme Lumière non rodada pola empresa Lumière.[2] A cinta, que duraba 1 minuto e estaba gravada a 16 imaxes por segundo, estaba rodada en plano único e frontal.

O filme exhibiuse publicamente o domingo 17 de outubro do mesmo ano.[4]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Fernández, M.A. (10 de setembro de 2005). "A Coruña, confirmada como origen del cine español a través de Sellier" (en castelán). La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 24/11/2015. Consultado o 23 de novembro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 "A Coruña dedica plaza a José Sellier, pionero de la cinematografía española" (en castelán). ABC. 23 de xullo de 2013. Consultado o 23 de novembro de 2015. 
  3. "Conoce a José Sellier, pionero del cine español" (en castelán). Cinemanía. 6 de xuño de 2013. Consultado o 23 de novembro de 2015. 
  4. Castro de Paz, José Luis; Folgar, José María. "José Sellier, pionero cineasta gallego" (en castelán). Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Consultado o 23 de novembro de 2015. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Castro de Paz, José Luis, ed. (1996). Historia do cine en Galicia. Vía Láctea Editorial. ISBN 84-89444-22-6. 

Ligazóns externasEditar