Formación profesional

etapa educativa orientada á capacitación profesional
(Redirección desde «Formación Profesional»)
Sistema educativo español
Réxime xeral
Réxime especial

A formación profesional (FP) é unha fase do proceso de educación centrada na aprendizaxe encamiñada fundamentalmente ao mundo laboral, aínda que os ciclos de grao superior adoitan preparar tamén para os estudos técnicos universitarios, como poden ser as enxeñerías. A Lei orgánica de educación (2006) recolleu toda a normativa ao respecto.

Pódese acceder á formación profesional dependendo do grao:

  • FP Básica: pódese acceder despois de cursar 2º ESO e débense facer 15 anos no inicio do ciclo. [1]
  • Ciclo formativo de grao medio: pódese acceder despois de obter o título de ESO ou ben facendo unha proba de acceso específica de grao medio para a que é necesario ter 16 anos.
  • Ciclo formativo de grao superior: pódese acceder despois de obter o título de Bacharelato ou ben facendo unha proba específica de acceso ao grao superior para a que é necesario ter 20 anos, ou ben ter 18 anos e ter feito un grao medio.

Actualmente tamén é posible acceder directamente ao grao medio despois de aprobar un ciclo de FP Básica [2] e ao grao superior despois de aprobar un ciclo medio. [3]

A formación no centro escolar compleméntase co módulo de FCT (formación no centro de traballo), unhas prácticas nas que se traballa nunha empresa entre 300 e 400 horas e sen as cales é imposible conseguir o título. Tamén existen os ciclos de FP Dual [4] , onde varios módulos (ademais da FCT) se imparten na empresa.

Tras rematar un ciclo formativo de grao superior (CFGS) pódese acceder a algúns graos universitarios.

En España existe outra modalidade de formación non regulada que é a Formación Profesional Ocupacional, dirixida a persoas desempregadas entre 16 e 65 anos e na que se adquiren formación e cualificación para a integración e inserción laboral. Está xestionada polo INEM ou o organismo correspondente de cada comunidade autónoma.

Notas editar

  1. "FP Básica en Galicia". Consellaría de Educación, Xunta de Galicia. 
  2. "Admisión CM en Galicia". Consellaría de Educación, Xunta de Galicia. 
  3. "Admisión CS en Galicia". Consellaría de Educación, Xunta de Galicia. 
  4. "FP Dual en Galicia". Consellaría de Educación, Xunta de Galicia. 

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.