Antonio Román

Antonio Aurelio del Sacramento Fernández-Román García de Quevedo, coñecido artisticamente como Antonio Román, Anthony Roman ou Tony Román, nado en Ourense o 9 de novembro de 1911 e finado en Madrid o 16 de xuño de 1989, foi un director e guionista de cine e farmacéutico galego.

Antonio Román
Antonio Román 1935.jpg
Nacemento9 de novembro de 1911
Lugar de nacementoOurense
Falecemento16 de xuño de 1989
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndirector de cinema, guionista, crítico de cinema e produtor de cinema
Na rede
IMDB: nm0739794 Allocine: 66760 Rottentomatoes: celebrity/antonio_roman Allmovie: p118497 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Pertence ao grupo de directores renovadores do cine español de posguerra, xunto con José Luis Sáenz de Heredia e Rafael Gil.

Ía ser farmacéutico, pero xa de novo converteuse en crítico de cine, comezando a publicar na prensa española. Comezou a dirixir pequenos documentais moi novo, con 18 anos. A súa primeira longametraxe La escuadrilla, é de 1941, realizada xunto a Sáenz de Heredia. Ese ano participou no guión de Raza, ideada polo propio dictador Francisco Franco e dirixida por Sáenz de Heredia. Dado o marcado carácter propagandístico das súas obras, despois da Guerra Civil “sus películas obtuvieron subvenciones, ayudas y premios nacionales, razón por la cual quizás no se haya valorado suficientemente su trabajo desde el punto de vista técnico.”[1]

En 1943 realizou proxectos máis arriscados e persoais, Intriga e La casa de la lluvia, pero tralo fracaso comercial e o escepticismo crítico con que foron acollidas, retomou proxectos máis comerciais. Posteriormente converteuse nun dos xefes da Cooperativa Cinematográfica Castilla.

Nas décadas de 1960 e 1970 seguiu escribindo críticas. En 1970 foi despedido mentres rodaba Ringo del Nebraska cando aínda non levaba nin o 10 % da rodaxe, pois ao produtor non lle gustaba o seu xeito de traballar lento e meticuloso. Foi substituído polo seu amigo e protexido Mario Bava, quen por respecto a Román, negouse a aparecer nos títulos de crédito.

Estaba casado con Yvonne Bastién.

En 1999 publicouse o libro de Pepe Coira Antonio Román. Director de cine, ampliado e traducido ao castelán co título Antonio Román, un cineasta de posguerra, que acadou o premio ao mellor libro universitario español do 2004.

FilmografíaEditar

 
Placa na casa onde viviu Antonio Román, no xardín do Bispo Cesáreo (Ourense).

NotasEditar

  1. "Antonio Román". España es cultura. Consultado o 3 de febreiro de 2023. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar