Gaivotas subterráneas

obra de teatro de Alfonso Vallejo

Gaivotas subterráneas é unha obra de teatro do dramaturgo cántabro Alfonso Vallejo, publicada en 1985.[1]

Gaivotas subterráneas
Autor/aAlfonso Vallejo
Lingualingua castelá
Xénero(s)obra de teatro
Data de pub.1985
editar datos en Wikidata ]

Sinopse editar

Nino Carpio traballa nunha empresa de seguros; busca a Mario -músico e amigo da infancia– ao que intentará convencer para que o axude a conseguir unha importante suma de diñeiro do seu seguro de vida. Mario, ao que sempre lle foi mal cos asuntos de Nino, finalmente accederá para intentar ser por primeira vez na súa vida o que controle a situación.

Adaptacións editar

No ano 2013 foi posta interpretada en lingua galega por Luís Iglesia e Xabier Deive, nunha produción de Voz Audiovisual, con dirección de Artur Trillo. Polo seu traballo nesta obra, Luís Iglesia recibiu o Premio do Festival de Teatro Galego do Carballiño (Fetega) do ano 2013.[2]

Ano Categoría Obra Resultado
2013 Mellor actor de teatro Gaivotas subterráneas Gañador

Notas editar

  1. Gaviotas subterráneas, en Cervantes Virtual.
  2. "Luís Iglesia, mellor actor do Festival de Teatro Galego de O Carballiño (Fetega) por Gaivotas subterráneas". La Voz de Galicia. 7 de setembro de 2013. Consultado o 13 de setembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar