Clasificación Nacional de Actividades Económicas

A Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE) de España é un organismo que permite a clasificación e agrupación das unidades produtoras segundo a actividade que exercen de cara á elaboración de estatísticas.

A última actualización da CNAE entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2009, segundo o disposto no Real Decreto 475/2007, de 13 de abril de 2007, polo que se aprobou a Clasificación Nacional de Actividades Económicas 2009 (CNAE-2009) e que se comezou a aplicar, con carácter xeral, a partir do 1 de xaneiro de 2009.[1]

A estrutura da CNAE-2009 está baseada en catro niveis de clasificación: sección, división, grupo e clase, con epígrafes identificativos mediante un código alfanumérico dun, dous, tres e catro díxitos, respectivamente.

Normativa europea CNAE

editar

A Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE)-2009, resultante do proceso internacional de revisión denominado "Operación 2007", foi elaborada segundo as condicións recollidas no Regulamento CE 1893/2006 de aprobación da Nomenclatura estatística de actividades económicas da Comunidade Europea (NACE) Rev.2.[2]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar