Teima
Teima, subtitulada Revista galega de información xeral, foi unha revista semanal galega que se publicou entre 1976 e 1977.
Teima | |
---|---|
País | España |
Lugar | Santiago de Compostela |
Lingua | lingua galega |
Fundación | 1976 |
Descrito por | Diccionario da literatura galega |
Circulación | |
Frecuencia | 7 días |
[ editar datos en Wikidata ] |
Características
editarTeima foi a primeira revista xornalística que se editou integramente en galego dentro de Galicia[1]. O primeiro número apareceu o 15 de setembro de 1976 e deixou de publicarse co número 35 en agosto de 1977 por dificultades económicas, derivadas da falta de publicidade.
Editada pola Sociedade Galega de Publicacións, da que Afonso Ribas era cofundador e xerente. O director foi Ánxel Vence e entre os seus colaboradores estaban Víctor F. Freixanes, Manuel Rivas, Xavier Navaza, Pepe Carreiro, Xaquín Marín e Xurxo Lobato, que publicou nela as súas primeiras fotos.
Desde o seu comezo tivo dificultades de publicidade e a súa liña editorial foi combatida por sectores políticos da dereita e da esquerda. Unha coalición nacionalista de esquerdas[quen?] chegou a emitir entre os seus militantes a consigna de darse de baixa na subscrición. Algunhas forzas políticas que apoiaran a súa aparición e que participaron no capital da empresa, como o Partido Socialista Galego, foron despois críticas coa publicación. Accionistas independentes e outros da Asemblea Popular Galega foron quen máis loitaron pola continuidade do semanario.
Dixitalización
editarNo 2022, o Consello da Cultura Galega despois de dixitalizala por completo ofreceu acceso libre a través da súa páxina web.[2]
Notas
editar- ↑ A primeira foi a revista Eidos, publicada desde maio de 1976 polo Colexio La Salle de Santiago de Compostela ("'Eidos', a revista escolar que debutou en 1976 cunha entrevista a Antonio Fraguas". Real Academia Galega. 8-7-2019. Consultado o 9-7-2019.).
- ↑ Redacción (3 de maio de 2022). "A revista 'Teima' xa se pode ler ao completo en internet". nosdiario.gal. Consultado o 23 de xullo de 2024.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Teima". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Fandiño Veiga, Xosé Ramón (2005). "Teima". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
Ligazóns externas
editar- Salgado, D. (7 de setembro de 2007). "Xornalismo en tempos de crise". El País.
- Revista dixitalizada Consello da Cultura Galega.