Xavier Navaza

xornalista e escritor galego

Xavier Navaza Blanco, nado en Lalín o 9 de agosto de 1948, é un xornalista e escritor galego.

Infotaula de personaXavier Navaza
Biografía
Nacemento9 de agosto de 1948 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Lalín, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsGonzalo Navaza Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1046716 Dialnet: 2409294

Traxectoria

editar

Fixo estudos de Enxeñería Técnica Naval en Ferrol e licenciouse en Ciencias da Información na Universidade Autónoma de Barcelona (1976). Traballou en Tele-Exprés e na revista Plataforma. De volta a Santiago de Compostela foi fundador e colaborador de Teima e correspondente en Galicia de El Periodico de Catalunya, Pueblo e Informaciones. Foi nomeado xefe do gabinete de prensa da Xunta de Galicia no gabinete técnico da Consellería de Presidencia en 1979,[1] permanecendo no posto ata 1990. Despois foi subdirector de Xornal Diario de Pontevedra (1991) e puxo en marcha, con Luís Mariño, o programa cultural Etcétera na TVG (1991). Foi columnista de El Correo Gallego.

  • Disparos (Edicións Xerais, 1991)
  • Sumud. Conversa con Palestina (2003)
  • A triloxía El laberinto gallego:
    • La guillotina del centro (2006)
    • La conjura de Raxoi (2007)
    • Crónicas de barones, leonados y coroneles (por publicar)
  • El último amante de Marilyn (Alvarellos, 2012)
  • Marcas. Signo, comunicación e consumo na era da simulación (Xerais, 2015)

Vida persoal

editar

Ten dez irmáns, entre eles Gonzalo e Luis Navaza.

  1. La Voz de Galicia, 31-8-1979, p. 19.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Santorum, Gracia (2009). Dicionario de escritores de Deza. A Estrada: Fervenza. pp. 67–68. ISBN 978-84-96368-00-2. 

Ligazóns externas

editar