Eduardo Moreiras

escritor galego

Eduardo Moreiras Collazo, nado en Quiroga o 3 de xaneiro de 1914 e finado en Vigo o 28 de abril de 1991[1], foi un escritor galego.

Eduardo Moreiras
Nacemento3 de xaneiro de 1914
 Quiroga
Falecemento28 de abril de 1991
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpoeta
CónxuxeOlga Barreiro
Luz Pozo Garza
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, e viviu en Vigo. Foi fundador e director da revista Mensajes de poesía entre 1948 e 1950. Traduciu ao castelán os poemas de Paul Éluard e de Elena Bono. A partir de 1955 escribiu só en galego.

Ingresou na Real Academia Galega o 28 de xaneiro de 1978[2], a proposta de Francisco Fernández del Riego, Álvaro Cunqueiro e Marino Dónega, co discurso Poesía: Coñecimento da realidade, respondido por Fernández del Riego.[3]

Vida persoal Editar

Estivo casado trinta e dous anos con Olga Barreiro, con quen tivo tres fillos: Eduardo, Olga e Margarita Moreiras Barreiro. En 1982 casou en segundas nupcias coa poetisa Luz Pozo Garza.

Obra en galego Editar

Poesía Editar

Ensaio Editar

Narrativa Editar

  • Primaveira no Lor, 1974, Galaxia.
  • Fogo solto, 1976, Ediciós do Castro.

Edición Editar

Obras colectivas Editar

  • Antoloxía da poesía galega actual. Nordés, 1978, Ediciós do Castro.

Premios Editar

Obra en castelán Editar

Poesía Editar

  • El bosque encantado, 1947, Vigo.
  • Éxtasis, 1948, Vigo.
  • Los oficios, 1952, Mensajes de Poesía, Vigo.

Tradución Editar

Notas Editar

  1. "Fallece el escritor y poeta gallego Eduardo Moreiras". ABC (en castelán). 29 de abril de 1991. 
  2. "Eduardo Moreiras Collazo". Real Academia Galega. 
  3. Moreiras Collazo, E. (2015). Poesía: coñecimento da realidade. A Coruña: Real Academia Galega. 

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar