Diccionario enciclopédico galego universal

enciclopedia en lingua galega
(Redirección desde «DEGU»)

O Diccionario enciclopédico galego universal (DEGU) é unha obra enciclopédica alfabética de sesenta volumes, editada en galego, no ano 2003.


DE

GU


Diccionario Enciclopédico
Galego Universal


 
Lombos do DEGU.
Título orixinalDiccionario enciclopédico galego universal
Autor/aEd. e director: Bieito Ledo Cabido
Xerente: Xelasio Suárez Santiso
OrixeGalicia.
Linguagalego
Xénero(s)Consulta (enciclopedia).
EditorialIr Indo para La Voz de Galicia
Data de pub.2003-2004
Formato195 x 290 mm
Páxinas7.680 (128 x 60 t.) [1]
ISBNISBN 84-7680-429-6 (obra completa) [2]
editar datos en Wikidata ]

Descrición

editar

Feita por Ir Indo Edicións para La Voz de Galicia, os sesenta volumes distribuíronse cos exemplares dos martes e xoves do xornal,[1] desde o 14 de setembro de 2003, en que comezou cunha tirada de 80.000 exemplares.[3]

O DEGU, que comparte en gran medida contidos coa Enciclopedia Galega Universal, inclúe, entre outra información, entradas de tódalas parroquias, comarcas, vilas e cidades de Galicia, as poboacións españolas de máis de 1.500 habitantes, cidades europeas de máis de 50.000 habitantes e poboacións de máis de 100.000 habitantes do resto do mundo.[4]

Na derradeira páxina (128 do tomo "60 vot~zw") inclúe unha fe de erratas.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar