Esperanza Mariño
Esperanza Luz Mariño Davila, nada en Santiago de Compostela o 15 de abril de 1963, é unha ensaísta e tradutora galega, profesora xubilada.[1]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de abril de 1963 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Formación profesional | Filoloxía Galego-Portuguesa |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora, tradutora, docente ![]() |
Xénero artístico | Ensaio |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarLicenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como profesora en diversos Institutos de Ensino Secundario, como o IES de Sar, Santiago de Compostela.
Como investigadora, ten publicado artigos sobre lingua, literatura e crítica literaria en diversas revistas, tales como Festa da Palabra Silenciada, Revista de lenguas y literaturas catalana, gallega y vasca da UNED, Dorna e A Freita (da Mesa prá Defensa del Galego de Asturias). Tamén participou como relatora en múltiples Congresos, Xornadas e Encontros, dentro e fóra de Galiza. Durante os anos noventa foi a representante galega na Fédération Européenne des Maisons de Pays (na defensa das linguas e culturas minorizadas de Europa). Ten colaborado tamén coas revistas Lletres Asturianes e Lliteratura.[1]
Obras
editarPoesía
editar- A pousa da libélula (2024). A Coruña: Medulia. 67 páxs. ISBN 978-84-19438-99-7. Haikus con tradución ao xaponés de Takekazu Asaka.[2]
Ensaio
editar- A mensaxe entre as sombras. Obra poética de Isaac Díaz Pardo (2021). Vigo: Xerais. 184 páxs. ISBN 978-84-9121-838-8.[3] ePub: ISBN 978-84-9121-831-9.
- As escumas da letra. Biografía de Luísa Villalta (2024). A Coruña: Baía. ISBN 978-84-9995-445-5.
- Fíos de transparencia acesa. Narrativa, poesía e tradución en Xosé Manuel Beiras (2025). Santiago: Laiovento. 240 páxs. ISBN 978-84-8487-419-6.[4]
Edicións
editar- Da emigración, de Antonio Paz Míguez (1936). edición facsímile en 1993, Concello da Pobra do Caramiñal.
- A vida sempre e sobre todo, de Crisanto Veiguela (2001)..
- Dicionario María Mariño (2007). TresCtres.[5]
- Dicionario Uxío Novoneyra (2010). TresCtres.
Traducións
editar- Historia universal de Paniceiros, de Xuan Bello (2008,).Positivas. Do asturiano para o galego.
- Los nomes de la tierra. Os nomes da terra, de Xuan Bello (2010, Positivas). Do asturiano para o galego.
- Avó Ismail (Güelo Ismail), de Esther Prieto (2011) Sotelo Blanco. Do asturiano para o galego.
Obras colectivas
editar- Eduardo Blanco Amor, 1988, Concello de Boiro.
- Coroa literaria para Roberto Blanco Torres contra a súa morte, 1999, Ediciós do Castro.
- Homenaxe a Uxío Novoneyra.
- Homenaxe dos poetas galegos a Federico García Lorca contra a súa morte, 2006, Xerais.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Esperanza Luz Mariño Davila - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-02-01.
- ↑ Román, Arén (outubro, novembro, decembro 2024). "A eternidade do efémero". Grial LXII (244): 118–119. ISSN 0017-4181.
- ↑ "A mensaxe entre as sombras. Obra poética de Isaac Díaz Pardo". Editorial Xerais. Consultado o 2024-02-01.
- ↑ "- Edicións Laiovento". laiovento.gal. Consultado o 2025-06-13.
- ↑ Mariño Dávila, Esperanza (2007). Dicionario María Mariño. Editorial TresCtres. ISBN 978-84-935562-4-2.