A Nosa Terra (Buenos Aires)
A Nosa Terra foi unha publicación editada en Buenos Aires de 1942 a 1972.
A Nosa Terra | |
---|---|
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Periódico galego, apareceu o 28 de xuño de 1942, co número 425. Editado pola Irmandade Galega de Buenos Aires. Publicación política nacionalista que retoma o título da publicación do Partido Galeguista, da que se considera continuadora. Tivo unha periodicidade irregular e informaba dos propositos e actividades dos grupos nacionalistas de Buenos Aires e América. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao actuou como director e editorialista ata o seu falecemento. Foron despois directores Bieito Cupeiro, Alfonso Fernández Prol e Manuel Pedreira. Entre os seus colaboradores figuraron Eduardo Blanco Amor, Xosé Núñez Búa, Antón Alonso Ríos, Avelino Díaz e José Rodríguez Vázquez. Cesou a súa publicación o 1 de decembro de 1972.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Monteagudo, Henrique (editor) (1996). De viva voz. Castelao. Conferencias e discursos. Santiago de Compostela: Fundación Castelao. ISBN 84-922417-0-5. OCLC 0431589260.
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: CCG. pp. 163–164. ISBN 84-87172-30-X.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 338-339. ISBN 84-8288-137-X.