Abrir o menú principal

José Rodríguez Vázquez (político)

mestre e político galego

José Rodríguez Vázquez, coñecido como Vázquez de Calo, nado en 1904, foi un mestre e político galego.

José Rodríguez Vázquez
Jose R Vazquez por Camilo Díaz Baliño.jpg
Retrato feito por Camilo Díaz Baliño cando estiveron no cárcere de Santiago.
AlcumeVázquez de Calo
Nacemento1904
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e político
FillosGonzalo Rodríguez Mourullo
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Mestre. Representante dos obreiros de Teo nas folgas de 1931-1932. Membro do Partido Galeguista desde 1932. Foi nomeado alcalde de Teo o 16 de marzo de 1936 e permaneceu no cargo ata a golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Foi detido e condenado a cadea perpetua. Foi multado con 500 pesetas pola Comandancia Militar de Santiago de Compostela en setembro de 1937 por "manifesta desafección ao Movemento Nacional con motivo dun acto patriótico celebrado en Calo".[1] Conmutada a pena, ao saír da prisión exiliouse na Arxentina despois de pasar por Portugal. Retornou a Galicia en 1947.


Predecesor:
Manuel Viño Gallego
  
Alcalde de Teo
 
1936
Sucesor:
Gabriel Varela Crego

Vida persoalEditar

Casou con Adelina Mourullo Otero e foi pai de Gonzalo Rodríguez Mourullo.

NotasEditar

  1. El Eco de Santiago, 17-9-1937, p. 2.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Domínguez Alamansa, Andrés (1997). "O papel da emigración na transformación da sociedade rural galega: Asociacionismo agrario e poder local no concello de Teo. 1900-1936". En Universidade de Santiago de Compostela. Poder local, elites e cambio social na Galicia non urbana (1874-1936). Santiago de Compostela. pp. 467–493. ISBN 84-8121-665-8. 

Ligazóns externasEditar