Abrir o menú principal

Opinión Gallega foi unha revista editado en Buenos Aires entre 1945 e 1960.

Historia e característicasEditar

Apareceu o 22 de decembro de 1945. Promovida polo Centro Ourensán e o Centro Pontevedrés de Buenos Aires, foi continuadora de El Orensano, órgano oficial do Centro Ourensán e Pontevedrés. Tiña como obxectivo contribuír á "elevación moral, intelectual y económica de la colectividad y la coordinación del esfuerzo común en pro de Galicia". Publicación bilingüe de periodicidade irregular, estaba dirixida por Rodolfo Prada, Valeriano Saco e Avelino Díaz, sendo o subdirector Cándido Alfonso González. Contou coa participación de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Jesús Bal y Gay, Ramón Otero Pedrayo, Aquilino Iglesia Alvariño, Borobó, Antón Santamarina, Ben-Cho-Shey, Francisco Fernández del Riego, Florentino López Cuevillas, Benito Varela Jácome, Xosé Neira Vilas. Incluíu recensións e listados coas novidades literarias en Galicia e prestou unha especial atención ao Consello de Galiza, ao Estatuto e a Galeuzca.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar