El Orensano (Buenos Aires)

revista da emigración galega

El Orensano foi unha revista editada en Buenos Aires entre 1944 e 1945.

El Orensano
PaísArxentina
Lugar de publicaciónBuenos Aires
Fundación1944
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Órgano oficial do Centro Ourensán de Buenos Aires, apareceu o 14 de novembro de 1944. Cando o Centro Ourensán se separou da Federación de Sociedades Gallegas, decidiu publicar o seu propio periódico. Publicación bilingüe de periodicidade irregular, estaba dirixida por Rodolfo Prada. Desde o primeiro número aparece explícita a posición republicana e galeguista do Centro. Contou coa participación de F. Portela, Francisco A. de Nóvoa, J. González Ledo, Manuel Linares Rivas, Vázquez da Xesta, Castelao, Antón Alonso Ríos, Emilio Pita, Fermín Bouza Brey, José Moreno Villa, Ken Keirades, Manuel Lugrís, Moisés da Presa, Ramón Otero Pedrayo, Xerardo Álvarez Gallego, Xosé Filgueira Valverde e Xosé Núñez Búa. Cesou a súa publicación co número 28 o 8 de decembro de 1945, foi continuado por Opinión Gallega.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar