Moisés da Presa
Moisés Presa Esmerode, coñecido como Moisés da Presa, nado en Vigo o 11 de maio de 1904 e morto en Buenos Aires o 4 de xaneiro de 1981, foi un escritor e galeguista.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de maio de 1904 Vigo, España |
Morte | 4 de xaneiro de 1981 (76 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Traxectoria
editarEn 1920, con 15 anos, emigrou cos seus pais a Arxentina. De inclinación galeguista e independentista foi membro de sociedades galegas, estivo presente na formación da Sociedade Nazonalista Pondal (1925) e colaborou na súa revista A Fouce. Na década de 1930 adheriuse á Federación de Sociedades Gallegas, pero pouco despois foi expulsado. Foi membro do Consello de Galiza. Co alcume de Lourenzo Fragoso escribiu para A Nosa Terra de Buenos Aires e tamén colaborou en Opinión Gallega, Vieiros e no boletín do Consello de Galiza. Entre 1942 e 1947 reeditou A Fouce. Visitou Galicia en 1951, e retornou novamente en 1966; na súa estancia en Vigo contactou cos galeguistas da editorial Galaxia. Nos últimos anos integrouse na Hermandad Gallega. En 1972 publicou en Edicións Nós de Buenos Aires o libro de relatos Chuvia... e outras narracións e deixou inédita a novela Historia dunha saudade.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Díaz, Hernán M. (2007). Historia de la Federación de Sociedades Gallegas. Buenos Aires: Fundación Sotelo Blanco-Biblos. p. 224. ISBN 9789507865749.
- Pérez Leira, Lois (2011). Protagonistas de una historia colectiva II. Vigo: Grupo de Comunicación de Galicia en el Mundo. pp. 89–94. ISBN 978-84-938464-4-2.