Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales
A Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales foi unha agrupación constituída en 1921 por cincuenta sociedades agrarias e culturais creadas polos galegos residentes en Buenos Aires.
Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales | |
---|---|
Tipo | organización |
Data de fundación | 24 de setembro de 1921 |
Fundador(es) | Antón Alonso Ríos, Ángel Martínez Castro e Bonifacio Botana Varela |
Sede | Buenos Aires |
País | Arxentina |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarConstituíuse o 24 de setembro de 1921. Foi fundada por Antón Alonso Ríos, Ángel Martínez Castro e Bonifacio Botana, en representación das sociedades Hijos del Ayuntamiento de Silleda e Comité Auxiliar de las Sociedades Agrícolas de Puenteareas. O seu primeiro presidente foi Ángel Martínez Castro. Tiña por obxectivo coordinar as asociacións locais e potenciar os valores de Galicia, a través da organización de conferencias, exposicións de arte e veladas literarias. Editaba o periódico El Despertar Gallego. A loita entre nacionalistas e non nacionalistas provocou a ruptura da federación en 1929 e a creación da Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, de orientación socialista. Ao proclamarse a Segunda República en España enviou como delegados a Alonso Ríos, Pedro Campos Couceiro e Ramón Suárez Picallo, que colaboraron na redacción do estatuto galego. A partir de 1930 El Despertar Gallego foi substituído por Galicia.
A partir de 1937 volveu unificarse coa Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires para constituír a Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Díaz, Hernán M. (2007). Historia de la Federación de Sociedades Gallegas. Buenos Aires: Fundación Sotelo Blanco-Biblos. ISBN 978-950-786-574-9.
Ligazóns externas
editar- Federación de Sociedades Galegas na Enciclopedia da emigración galega.