Ángel Martínez Castro

agrarista e político galego

Ángel Martínez Castro, nado en Ponteareas a finais da década de 1870 e finado en Buenos Aires o 11 de outubro de 1930[1], foi un agrarista e político galego.

Ángel Martínez Castro
Lugar de nacementoPonteareas
Falecemento11 de outubro de 1930
Lugar de falecementoBuenos Aires
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Emigrou a Bos Aires con 13 anos. Aos 25 ingresou no Partido Socialista Argentino. Retornou a Ponteareas en 1909 onde organizou un grupo agrarista. Volveu a Arxentina ao ano seguinte e fundou o Comité Puenteareano. Promoveu a creación do Comité Auxiliar de las Sociedades Agrícolas de Puenteareas en Buenos Aires que despois pasou a denominarse Comité Puenteareano de Acción Popular. Foi correspondente administrativo de El Tea en Buenos Aires. Foi un dos fundadores da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, da que foi o seu primeiro secretario xeral. Despois integrouse no Comité de prensa da Federación pero foi desprazado polo sector galeguista. Logo da ruptura da Federación en 1929, o Comité Puenteareano ingresou na Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires e Martínez participou no Comité de prensa de Acción Gallega.

Notas Editar

  1. Necrolóxica en Acción Gallega, 26-10-1930, p. 1

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Ligazóns externas Editar