Acción Gallega (1926)

Acción gallega, órgano de la Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, n.ª 59. 14/12/1930.

Acción Gallega, Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, foi un periódico editado en Buenos Aires entre 1926 e 1944.

Historia e característicasEditar

Órgano do grupo Acción Gallega de Buenos Aires, apareceu en 1926. De periodicidade quincenal e posteriormente mensual, tiña entre catro e seis páxinas. A partir do número 37 (25 de outubro de 1929) converteuse no "Organo de la Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires", logo da ruptura da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, quedando como voceiro do sector socialista, enfrontado ao nacionalista que continuou a publicación do seu voceiro El Despertar Gallego. A maior parte da publicación está dedicada á sección Notas y Comunicados de las Sociedades e a información propia da Federación. O administrador era Ángel Sánchez, e entre os colaboradores figuraron E. López, Salvador Rueda, Serafín García, A. Rodríguez López, Almafuerte, V. Paz Infante, Alonso Aboy Castro, José Cobelo, B. Botana, J. Pérez, A. Reino Caamaño, Ramón Ortiz, A. Onier, Marcelino Martín del Arca, Miguel Navas, A. Baltar, C. Otero, A. Martínez Castro, Marcelino Domingo, Largo Caballero, Manuel Azaña e Indalecio Prieto.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar