Vicente Paz Infante

sindicalista e político galego

Vicente Paz Infante, nado no concello de Riobarba (hoxe O Vicedo) en 1896 e finado en Buenos Aires en 1938, foi un sindicalista e dirixente societario galego na Arxentina.

Modelo:BiografíaVicente Paz Infante

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1896 Editar o valor en Wikidata
O Vicedo, España Editar o valor en Wikidata
Morte1938 Editar o valor en Wikidata (41/42 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, político Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Rebelouse contra a educación católica da familia que o educou no seminario, e aos 18 anos emigrou a Cuba, onde foi secretario xeral do sindicato Unión de Dependientes de cafés en 1919.[1][2] Extraditado a España pola ditadura de Mario García Menocal en decembro de 1919,[3] foi enviado a prisión. Despois exiliouse no Uruguai e logo marchou a Arxentina. Afiliouse á Sociedad Vivariense e ingresou na Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales a través de Nueva Era de Vilanova. Fundou a sociedade Hijos de Riobarba, que dirixiu até a súa morte. Militou no Centro de Socialistas Españoles e no Centro Republicano Español. Socialista marxista, combateu as ideas nacionalistas aínda que admiraba a Suárez Picallo. Foi membro da xunta executiva da Federación en 1927 e 1928 e a finais dese ano foi elixido secretario xeral da Federación. Colaborou en El Despertar Gallego. Foi o principal protagonista da ruptura da Federación en 1929 e da creación da Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, de orientación socialista, onde participou no comité de prensa e colaborou en Acción Gallega. Foi tamén axente da fusión das dúas federacións en 1936. Morreu en Buenos Aires en 1938 con 42 anos. Foi amigo de José Cobelo e Alfredo Baltar, que continuaron o seu ideario.

  1. Diario de la Marina, 8-12-1918, p. 20.
  2. Diario de la Marina, 8-12-1918, p. 20.
  3. Diario de la Marina, 9-12-1919, p. 15.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
  • "Paz Infante, el emigrante de Riobarba que dirigió la Federación de Sociedades Gallegas" in La Voz de Galicia (Viveiro), 8-10-2017