Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina

federación de sociedades galegas na Arxentina

A Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina é unha agrupación constituída en 1937 por sociedades galegas da Arxentina.

Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina
Tipoorganización
Data de fundación1 de marzo de 1937
SedeBuenos Aires
PaísArxentina
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

 
Cabeceira dun número de Galicia de 1954.

A loita entre nacionalistas e non nacionalistas provocou a ruptura da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales en 1929 e a creación da Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, de orientación socialista. Ambas as federacións mantivéronse enfrontadas ata que se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 en España. A partir dese momento Antonio Alonso Pérez convocou varias reunións segredas para tratar a unificación da Federación ante a gravidade dos acontecementos. Os dirixentes das dúas federacións impulsaron o 24 de outubro de 1936 a realización dun congreso de emerxencia para tratar a fusión de ambas as federacións.

O Congreso Constituinte de Unificación e Aprobación da Carta Orgánica desenvolveuse o 27 e 28 de febreiro e o 1 de marzo de 1937. Nel aprobouse a continuidade de Galicia como órgano de prensa da Federación unificada.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Díaz, Hernán M. (2007). Historia de la Federación de Sociedades Gallegas. Buenos Aires: Fundación Sotelo Blanco-Biblos. ISBN 978-950-786-574-9. 

Ligazóns externas editar