Fundación Castelao

A Fundación Castelao, unha fundación de carácter privado e declarada de interese galego, fundouse o 28 de decembro de 1984 por iniciativa de Ramón Martínez López e Avelino Pousa Antelo coa finalidade de estimular e favorecer a cultura galega e en especial nos campos nos que se distinguiu a figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A fundación ten a súa sede na cidade de Santiago de Compostela e publica, baixo a coordinación de Henrique Monteagudo, os Cadernos Castelao.

Fundación Castelao
TipoFundación de interese galego
Data de fundación28 de decembro de 1984
Fundador(es)Ramón Martínez López e Avelino Pousa Antelo
Nomeado en referencia aAlfonso Daniel Rodríguez Castelao
Presidente/aMiguel Anxo Seixas Seoane (2022-) Editar o valor em Wikidata
SedeSantiago de Compostela
EnderezoRúa do Hórreo, 37, 15701
PaísGalicia
Na rede
http://fundacioncastelao.gal/
Youtube: UCSoo9hJasHfravojhegmmjw Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O seu primeiro presidente foi Ramón Martínez López e Teresa Rodríguez Castelao, irmá de Daniel, foi a presidenta de honra ata a súa morte. Desde 2022 o presidente é Miguel Anxo Seixas Seoane.[1] Anteriormente ocuparon o cargo Carlos Mella e Avelino Pousa Antelo

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  1. "A Fundación Castelao". Fundación Castelao.